/ / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Compartir en

Co auxe da explotación e exportación petroleira, Venezuela iniciou a modernización das súas infraestruturas. Moitos galegos emigraron para traballar na construción, non só como obreiros ou albaneis senón tamén en postos de alta cualificación, por exemplo enxeñeiros, arquitectos, peritos, técnicos especialistas etc. Moitos deles viñan empregados por empresas españolas ou norteamericanas que o Goberno venezolano contrataba para construír estradas e autoestradas, pontes ou grandes edificios públicos. A gran oferta neste sector e os altos soldos atraían un gran número de traballadores.

FICHA DOCUMENTAL
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Luisa Neira Souto
  • Metadatos: