00/00/1958 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/1958
Compartir en

Maximino emigrou a Caracas no ano 1957 e traballou como camareiro en diversos hoteis e restaurantes caraqueños. Un ano despois chegaron ao país a súa muller e a súa filla reclamadas por reagrupación familiar. Aquí o vemos posando coa nena nun lugar emblemático da capital venezolana e do patriotismo do país: o Paseo dos Próceres, que foi inaugurado durante a presidencia de Marcos Pérez Jiménez en 1956 e que se converteu nun lugar de encontro para todos os habitantes de Caracas.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/1958
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de María Gómez Faro
  • Metadatos: