00/00/1963 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/1963
Compartir en

Este folleto foi publicado polo Instituto Federal de Colocación y Paro de Nüremberg en colaboración co Instituto Español de Emigración. Cando asinaba o contrato de traballo, a persoa emigrante recibía un exemplar para ter información sobre as cuestións laborais que podían atopar (condicións de traballo, contratos, dereitos e deberes, sindicatos) pero tamén sobre o reagrupamento familiar, as condicións de vida no país, como facer xiros bancarios a España ou como gozar do tempo de lecer.
Na segunda metade do século XX Alemaña potenciaba a chegada de emigrantes que ocupasen temporalmente os numerosos postos laborais vacantes, xeralmente os máis pesados e menos cualificados. Eran os "gastarbeiter" ou "traballadores invitados" procedentes do sur de Europa.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/1963
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Isidoro Buceta Gómez
  • Metadatos: