00/00/1975 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/1975
Compartir en

Emilio Villanueva emigrou en 1963 a Hanau (Hesse) para traballar na fábrica de pneumáticos Dunlop. Para emigrar realizou todas as xestións burocráticas a través do IEE en Pontevedra, onde se inscribiu para atopar un traballo. Incluso lle deron a opción de elixir o país de destino. Aínda que el non tiña ningún familiar que estivese en Alemaña, seguiu o consello dun veciño que xa estaba alí e que lle falou das boas condicións laborais do país. Traballou na mesma empresa toda a súa vida laboral, preto de 42 anos.
Cando emigrou, Emilio estaba casado pero a súa muller, embarazada do seu primeiro fillo, quedou en Galicia. Aínda que el viviu en Alemaña ata 2005, sempre estivo cun pé en Galicia; volvía uns meses ao ano coa muller e os seus catro fillos. Como el conta, emigrou co obxectivo de gañar cartos que enviar á súa familia para que esta vivise ben e para aforrar e gozar do seu retiro.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/1975
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Emilio Villanueva Nogueira
  • Metadatos: