00/00/1971 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/1971
Compartir en

A ourensá Mercedes Barreiro Losada emigrou a Australia a mediados da década dos 60 reclamada polo seu irmán Jesús, que uns anos antes decidira probar fortuna neste país, atraído polas noticias que aparecían na prensa do momento. Alí conseguiu traballo e integrarse nun país onde o idioma e os costumes eran tan distintos aos da súa terra galega. Casou co asturiano Aurelio e en 1971 tiveron un fillo, Javier. Ela retornou coa súa familia e vive na terra do marido, pero o seu irmán non regresou.
A emigración cara a este país estivo fomentada polo IEE e o Goberno australiano coa "Operación Canguro", que abarcou de 1958 ata 1963. A primeira remesa estivo integrada por 159 españois, case todos vascos, pero tamén de Galicia e Asturias. Chegaban cun contrato de traballo por dous anos e despois podían trasladarse ás cidades en busca de mellores condicións laborais e de vida.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/1971
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de José Antonio Barreiro Feijóo
  • Metadatos: