30/07/1946 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

30/07/1946
Compartir en

Nesta carta solicítase a María Grueiro de la Maza, filla dun socio falecido, unha serie de documentos que acrediten a súa identificación así como que o seu pai estaba ao día no pago das cotas sociais para poder percibir a axuda tras a súa morte. Tal e como se recolle nos estatutos sociais, serán beneficiarios deste auxilio as nais, viúvas ou viúvos e fillos menores de ambos os sexos, que acrediten atoparse sen recursos e imposibilitados para o traballo, segundo considere a xunta directiva. A cantidade será en función da antigüidade do asociado, cun máximo de 15 pesos mensuais.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    30/07/1946
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Francisco Grueiro
  • Metadatos: