15/10/1957 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

15/10/1957
Compartir en

No porto de Vigo embarcaban como pasaxeiros numerosos emigrantes galegos, que viaxaban na súa maioría en terceira clase, coma neste caso, mais tamén en segunda ou primeira, segundo as súas posibilidades económicas.
O barco contaba con todas as comodidades, que facían que a viaxe cara ao novo país de destino permanecese como unha experiencia moi positiva nas lembranzas dos emigrantes que nel viaxaban. Nada tiña que ver a travesía alén mar nesta altura coa que tiveran que padecer milleiros de galegos e galegas no seu traxecto cara a América no século XIX, e aínda na primeira década do século XX.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    15/10/1957
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Maria Gómez Faro
  • Metadatos: