15/02/1935 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

15/02/1935
Compartir en

Pedro Murias deixara disposto a constitución dunha fundación encargada de levar a bo fin o seu proxecto educativo. Esta fundación contaría con personalidade xurídica propia e residiría na Habana e para a súa xestión creouse unha xunta de patróns integrada por cinco persoeiros destacados da colectividade.
Esta xunta posuía amplas facultades no plano económico pois era a encargada de elaborar os orzamentos, de aprobar as contas de gastos e de investir os recursos económicos legados polo indiano onde lle parecese máis vantaxoso para aumentar o capital inicial. As directrices da xestión do legado, que aprobaban nas súas reunións nas dependencias do Centro Galego, debían someterse unha vez ao ano a “exame popular”, pero ningunha institución ou particular tiña dereito a pedir explicacións destas. A súa única obriga era publicar a principio de cada ano un informe detallado sobre todos os acordos e accións executadas durante a anualidade anterior nun xornal de tirada importante en Cuba. Quedaban así expostos á crítica social e da prensa cubana, pero non se prevía ningún tipo de control ou sanción en caso de mala xestión.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    15/02/1935
  • Localización física:
    Biblioteca de Galicia
  • Notas:
    Fondo: Galiciana: Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba (1935), 337, (15 de febreiro)
  • Metadatos: