/ / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Compartir en

Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
Na imaxe vemos os socios e socias de Hijos de Rianjo admirando un dos seus cadros, que ten como nome Camiño da festa de Guadalupe, a festa da súa patroa. A obra estivo durante uns anos na sede da entidade rianxeira en Bos Aires como unha das súas propiedades máis queridas, aínda que despois pasou a formar parte dos fondos do Centro Galego de Bos Aires.
Os emigrantes do concello de Rianxo crearon varias asociacións na capital bonaerense, como a Sociedad Protectora Agrícola y Cultural del Ayuntamiento de Rianjo (1923) ou o Centro Cultural de Rianjo (1929). Fusionáronse todas en 1930 baixo a denominación de Sociedad Cultural y Protectora de Rianjo. Castelao, durante o seu exilio, estivo moi vinculado a esta asociación, que lle tributou numerosas homenaxes.

FICHA DOCUMENTAL
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fondo cedido pola sociedade Centro Noia-Rianxo
  • Metadatos:
  • Arquivo depositario:
    Centro Noia-Rianxo. Bos Aires