00/00/2022 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/2022
Compartir en

Este fermoso e singular cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de moitos dos veciños da parroquia de Xerdiz residentes na illa de Cuba. Dos 110 doantes, cuxos nomes aparecen nunha placa de homenaxe que se conserva, 64 eran emigrantes na Habana e achegaron máis do 75 por cento do custo total da obra.
Este camposanto conta cuns panteóns moi orixinais feitos en cantaría, que teñen unhas columnas moi traballadas e están coroados por cruces, santos, esculturas e diversos motivos relixiosos de gran calidade. Está situado nun espazo presidido por un fermoso cruceiro, na beira da igrexa e da casa reitoral, e conta cun amplo xardín.
Pódese dicir que é un dos cemiterios indianos máis representativos e bonitos da Mariña luguesa grazas á riqueza do patrimonio escultórico, que conserva en moi bo estado, como as cruces latinas e as esculturas que representan as penitencias, a trindade ou as piedades. Hai que destacar o excelente traballo dos canteiros da bisbarra comandados por Francisco Veiga, O Pena de Miñotos, artesán de gran sona.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/2022
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Doazón do concello de Ourol
  • Metadatos: