00/00/1959 / / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

00/00/1959
Compartir en

Esta artista galega, nacida en Santiago de Compostela, triunfou como cantante de ópera nos mellores teatros de Europa. Cunha excelente formación musical e dona dunha fermosa voz de contralto, debutou no Teatro Social de Milán coa ópera Il Trovatore. Triunfa axiña e actúa nos mellores teatros. A súa fama permitiulle integrar no seu repertorio a música galega tradicional e nas súas actuacións interpreta cancións populares galegas con grande éxito.
Tras un duro periplo camiño do exilio, instálase en Montevideo co seu home, o médico xienense Virgilio Garrido. Continúa a actuar nos principais teatros e desenvolve unha intensa actividade como docente. Muller progresista, estivo moi vinculada coa colectividade galega exiliada en Uruguai.
Pouco antes da súa morte en 1959, Xosé Neira Vilas publica en Galicia Emigrante unha entrevista na que podemos ler sobre a súa brillante carreira na que destaca a súa saudade de Galicia e a pena por non poder volver á terra. O escritor define a María como unha “galega íntegra, sin eufemismos, [que] deu xerarquía á nosa canzón popular, a que levou nos beizos polos máis prestixiosos escearios do mundo”.

FICHA DOCUMENTAL
  • Data:
    00/00/1959
  • Localización física:
    Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
  • Notas:
    Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Fotografía publicada en Galicia Emigrante: 37 (maio 1959), 20
  • Metadatos: