/ / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Proxecto Epístola

Agrupación de coleccións epistolares para a páxina institucional do Consello da Cultura Galega.

Compartir en
FICHA DOCUMENTAL
  • Descrición:
    Un dos tesouros arqueolóxicos da cidade de Lugo é a “Domus do Mitreo”, unha casa romana de luxo cuxa estrutura se corresponde co período altoimperial (1º cuarto do século I a. C.-270 d. C). A comezos do século III a vivenda refórmase e arredor dos anos 212-218 d.C constrúese no primeiro andar o mitreo, un templo dedicado ao deus Mitra.

    O Museo Universitario A Domus do Mitreo (xestionado pola USC) elaborou unha serie de vídeos divulgativos que che axudarán a coñecer mellor a estrutura e as diferentes funcións desta domus ao longo do tempo. Nesta primeira peza (1´ 29´´) poderás achegarte ao Lucus Augusti no que foi construída a casa.

    Material complementario:
    -Outros vídeos da mesma serie
    -Recursos didácticos para traballar na aula
  • Metadatos: