Luís Falcini (1889-1973)
Catro poemas para catro gravados
Escultor. Iniciou a súa formación artística co tallista Benjamín Asmaghi e posteriormente, en 1910, ingresou na Escuela Nacional de Bellas Artes. En 1911, o Congreso Nacional concedeulle unha bolsa para continuar estudos de perfeccionamento en Europa, máis especificamente en París e Florencia (1911-1914). Volveu ao país e en 1915 viaxou novamente a Europa, onde permaneceu ata 1918. Durante a súa estancia alí, foi expositor nos salóns da Société des Artistes Français, París, 1914. Foi convidado a representar o país na Exposición Internacional de Arte durante o mesmo ano.Desenvolveu un importante labor docente en Arxentina e Uruguai. En 1918, trasladouse a Montevideo, convidado a colaborar na reforma do ensino das artes e oficios. En 1921, foi designado profesor no Colegio Nacional de La Plata. Foi inspector técnico de ensino secundario, normal e especial e organizou a Escuela de Bellas Artes de Santa Fe. Publicou numerosos ensaios e artigos en diarios e revistas arxentinos e uruguaios. Foi expositor regular en salóns nacionais e provinciais.
Entre os premios obtidos figuran o Terceiro Premio de Escultura na Exposición Internacional de Bellas Artes del Centenario Argentino (1910), o Segundo Premio Nacional de Escultura con Fiamma Extincta (1924) e o Primeiro Premio na Exposición do Centenario de Paraná (1930). Interveu nos concursos dos monumentos a Rawson, Bernardino Rivadavia e Juan Bautista Alberdi.
Está representado nos seguintes museos: Museo Nacional de Bellas Artes de Bos Aires; Provinciais de Paraná, La Plata, Santa Fe, Mendoza (Arxentina) e Nacional de Montevideo (Uruguai). As súas obras integran coleccións privadas de París, Milán, Montevideo, Rosario e Bos Aires.
O 9 de setembro de 1971 a Academia Nacional de Bellas Artes nomeouno Académico de Número.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1979-01-07 | Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1979 |
Bos Aires - O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1979 en 07/01/1979Buenos Aires, 7 de Enero de 1979 |


