Mimi Alonso da Cuña / Homenaje a Venecia / PROXECTO EPÍSTOLAS / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Homenaje a Venecia

----

Mimi Alonso da Cuña
Homenaje a Venecia

Muller de Ricardo García Suárez “Xohán Ledo”. Casaran en 1956 e tiveron tres fillas e un fillo.
Temos 2 epístola/s relacionada/s con Mimi Alonso da Cuña en Homenaje a Venecia
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Relación [ O. ]
1964-00-00
Carta de Ledo a Seoane. 1964
Nova YorkVigo - Bos Aires
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Ledo a Seoane. 1964 en 00/00/1964

EDITORIAL GALAXIA S.A./Reconquista, 1/Telefono 18204/VIGO





Querido amigo: [1964]

Recibin o teu libro de grabados que foi moi do noso agrado, de Mimi e mais de min, amolos dous agradecemos moito o regalo. Hai grabados mañificos non somentes pola teinica, senon pola grandisima emotividades dos mesmos; pros que coñecemos a Venecia é realmente unha cidade ensoñada a que nos chega dende a tua obra, a suxerencia é direita e podente.
Andamos, Paco e mais eu, as voltas co libro dos teus grabados xa estan preparados os grabados e agardamos polo testo que dixo Domingo nos remesaría un distes dias. De seguida, farase a impresion. Confiemos en que seipamos e podamos facelo todo o ben que merece o tema.
Que traballes moito e con proveito. E agardando a vosa volta recibide Maruja e tí unha forte aperta e a nosa amistosa lembranza.

Ricardo García Suárez

1965-01-25
Carta de Seoane a Ledo. 1965
Bos Aires - Vigo
Mencionado/a Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Seoane a Ledo. 1965 en 25/01/1965




Buenos Aires, 25 de Xaneiro de 1965

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Meu querido amigo:

Eiquí quedou por unha confusión que non me perdono o exemplar de Homenaje a Venecia destinado a tí. Onte, revisando unha morea de paquetes no me estudio, atopeime, co disgusto que podes maxinarte pois tiña creído estaría xa no teu poder. Supoño que xa o terás visto, pois envieille un exemplar a Paco. Trátase de once grabados en cor nos que intento ofrecer unha versión de Venecia. Tés que perdoarme por non telo remitido denantes, supoñía que o tiña levado ao correo o mesmo día do de Del Riego. Traballo bastante. Dende que cheguei fixen tres murales, gravei ise novo álbum, mais outro, Bestiario, que sairá no próisimo mes. Calculamos que pra setembro estaremos novamente en Galicia co propósito de quedarnos o mais tempo posíbel. Lembrámonos de todos vós, e a tí, e mais a Mimí, estamos Maruja i eu moi agradescidos pol-as vosas atenciós. Un destes días enviareille a Del Riego unha lista de publicaciós miñas, de dibuxos e grabados, e unha lista de exposiciós, etc., pra compretar a monografía de Domingo, que me escribíu fai poucos días e dime que por estas datas entregaba o seu traballo a Galaxia. Si che escribo que sinto facerche traballar no coidado dela, mentiría. Estou contento de que ti proyectes e cuides da edición.
Unha grande aperta pra Mimí e pra ti de Maruja e miña: