Manuel Chamoso Lamas (1909-1985)
escultura galega
Como comisario da Primera Zona de Defensa do Patrimonio Artístico Nacional, foi o máximo responsable do patrimonio en Galicia. Manuel Chamoso Lamas, naceu na Habana o 16 de maio de 1909 e faleceu na Coruña o 24 de abril de 1985. Foi un arqueólogo e escritor galego.O seu nome aparecerá frecuentemente na documentación: desde a súa intervención tratando de localizar as esculturas do Mestre Mateo retiradas polo conde de Ximonde do Museo da Catedral en xullo de 1948 ata a súa correspondencia coa condesa de Ximonde en 1954 aconsellándoa sobre a venda das esculturas ao Estado para evitar que saísen de Galicia. Foi o comisario adxunto da Exposición Internacional de Arte Románica de 1961 e recibiu presións directas por parte dos administradores de Franco para incluír no catálogo as esculturas dos profetas do Mestre Mateo que foran trasladadas dende o Concello de Santiago ao Pazo de Meirás como “Propiedad de S.E. el Jefe del Estado”.
Máis información na Wikipedia
28
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1946-08-12 | Carta de Fermín Bouza-Brey a Blas Taracena |
Santiago de Compostela - Madrid | Mencionado/a | Orixinal - |
| 1954-03-05 | Carta de Manuel Chamoso Lamas a Francisco Sánchez Cantón |
Santiago de Compostela - Madrid | Remitente | Orixinal - |
| 1961-06-20 | Carta de Manuel Chamoso Lamas a Tomás Blanco-Cicerón |
Santiago de Compostela - A Coruña | Remitente | Orixinal - |
| 1961-07-28 | Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joan Ainaud de Lasarte |
O Carballiño - Barcelona | Remitente | Orixinal - |
| 1961-08-01 | Carta de Joan Ainaud de Lasarte a Manuel Chamoso Lamas |
Barcelona - Santiago de Compostela | Destinatario/a | Orixinal - |
| 1961-09-15 | Carta de Manuel Chamoso Lamas a Joan Ainaud de Lasarte |
Santiago de Compostela - Barcelona | Remitente | Orixinal - |
| 1964-08-04 | Carta de Manuel Chamoso Lamas a Enrique Salgado Torres |
Santiago de Compostela - Madrid | Remitente | Orixinal - |


