Bernardo Sofovich (1912-1992)
Galería Biosca (Madrid)
Avogado graduado na Universidad de Buenos Aires, sendo mozo foi un activo militante político na década de 1930 no grupo Insurrexit (xunto a Ernesto Sábato, Rogelio Frigerio e Narciso Machinandiarena, con quen compartiría despois o bufete de avogado) e na Federación Universitaria de Buenos Aires, sempre no ámbito da cultura comunista. Acompañou despois a Frigerio, de quen era o seu avogado persoal, na experiencia “desarrollista” que acadou o Goberno coa presidencia de Arturo Frondizi en 1958. Posteriormente e sempre a partir de súas relacións co “desarrollismo”, converteuse nunha das figuras influentes do diario “Clarín”, do que foi apoderado legal.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1963-10-22 | Carta de Seoane a Varela. 1963 |
Madrid - Bos Aires | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Varela. 1963 en 22/10/1963
|
| 1968-03-25 | Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1968 |
Bos Aires - O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Seoane a Díaz Pardo. 1968 en 25/03/1968Buenos Aires, 25 de marzo de 1968 |


