Alberto Girri (1919-1991)
música
Estuda na Facultade de Filosofía e Letras. Na súa xuventude inicia a súa colaboración coa redacción da revista Correo Literario, así comeza a colaborar regularmente no Suplemento Literario do diario La Nación, dirixido por Eduardo Mallea. En 1946, aparece publicado o seu primeiro libro, Playa Sola, prologado por Lorenzo Varela. Sucesivamente publica outros libros de poemas, como Coronación de la espera (1947), Escándalo y soledades (1952), Línea de la vida (1955), La penitencia y el mérito (1957), Propiedades de la magia (1959), Casa de la mente (1968), Árbol de la estirpe humana (1978) e Lírica de percepciones (1983). En prosa publicou as narracións de Crónica del héroe (1946) e Un brazo de Dios (1966), así como o diario que acompaña os poemas de En la letra, ambigua selva (1972). Foi relevante a súa tarefa de tradutor, en especial de poesía en lingua inglesa.| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1971-07-05 | Carta de Shand a Seoane. 1971 |
Bos Aires - | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Shand a Seoane. 1971 en 05/07/1971Buenos Aires, 5 de julio de 1971 |
| 1971-11-17 | Carta de Rafael e Emma Lifschitz a Luís e Maruxa Seoane. 1971 |
Bos Aires - | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Rafael e Emma Lifschitz a Luís e Maruxa Seoane. 1971 en 17/11/1971
|


