Bernardo Sofovich (1912-1992)
música
Avogado graduado na Universidad de Buenos Aires, sendo mozo foi un activo militante político na década de 1930 no grupo Insurrexit (xunto a Ernesto Sábato, Rogelio Frigerio e Narciso Machinandiarena, con quen compartiría despois o bufete de avogado) e na Federación Universitaria de Buenos Aires, sempre no ámbito da cultura comunista. Acompañou despois a Frigerio, de quen era o seu avogado persoal, na experiencia “desarrollista” que acadou o Goberno coa presidencia de Arturo Frondizi en 1958. Posteriormente e sempre a partir de súas relacións co “desarrollismo”, converteuse nunha das figuras influentes do diario “Clarín”, do que foi apoderado legal.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1966-02-22 | Carta de Sofovich a Luís e Maruxa Seoane. 1966 |
- | Remitente |
Transcrición
Transcripción da Carta de Sofovich a Luís e Maruxa Seoane. 1966 en 22/02/1966
|
| 1969-03-03 | Carta de Goldstein a Luís e Maruxa Seoane. 1969 |
Bos Aires - | Mencionado/a |
Transcrición
Transcripción da Carta de Goldstein a Luís e Maruxa Seoane. 1969 en 03/03/1969ENRIQUE H. GOLDSTEIN / Arquitecto. |


