Lorenzo Varela (1916-1978)
Escritor e poeta, exiliado en Arxentina. A familia era orixinaria de Monterroso (Lugo). En 1920 trasládase a Arxentina. Retorna a Galicia en 1930. Ao iniciarse a Guerra Civil enrólase e parte ao fronte de batalla. Chegou a ser comandante dunha brigada da undécima división. Afíliase ao Partido Comunista chegando a ser membro destacado. Ao rematar a guerra, é recluído nun campo de concentración francés até que logra embarcarse cara México no Sinaia. En 1941 parte cara Bos Aires. En 1976 regresa a España. En 2005, a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas.
376