Eco de Galicia
emigración
Revista cunha temática moi variada, inclúe artigos informativos sobre as institucións galegas creadas na illa de Cuba, noticias sociais da colectividade, artigos políticos, biografías, bibliografías, traballos históricos, xeográficos, económicos, culturais e unha "páxina nazonalista". Existen varias seccións que tiveron continuidade na revista, como: "Correo de Galicia", centrada en novas galegas agrupadas por provincias; "Vida de la Colonia", novas sobre as actividades das asociacións de emigrantes (principalmente no aspecto lúdico, como xiras, festas, banquetes etc.); "Marcando orientacións", especie de editorial sen asinar; "De mi tierra" escrita por José Lesta Meis, que incorpora artigos variados etc. Tamén ten moita presenza a poesía.
0


