Vida Gallega en Cuba, La
emigración
Revista societaria editada simultaneamente a Vida Gallega desde 1949 ata 1954, en que deixa de editarse esta última. Recolle información sobre temas e actividades da entidade promotora e sobre Galicia (cultura, lingua, historia etc.). Cómpre sinalar a inclusión na mesma da Memoria anual da Sociedade, na que aparecen os balances financeiros, listados nominais das contribucións, informes sobre o labor social, as comisións, a distribución de axudas ou auxilios, acordos das Xuntas xerais e directivas, composición da directiva, dos comités, cadro estatístico sobre a natureza dos socios (desagregados a nivel provincial etc.). Na Comisión do Panteón, dentro da Memoria, inclúe un listado nominal das persoas inhumadas no Panteón, ofrecendo o nome, idade, data de inhumación e a súa procedencia (cando son galegos se identifica o concello e a provincia).
0


