Cultura Gallega
emigración
Revista ilustrada de información xeral, creada co obxectivo de divulgar a cultura galega en Cuba (literatura, arte, historia etc.). Conta coa colaboración de importantes personalidades galegas que ofrecen unha visión dos problemas de Galicia desde unha perspectiva galeguista. Tamén informa das novas da actualidade galega ("Noticias de Galicia"), a vida da colectividade ("Vida social de la colonia") e as actividades de Sociedades como Hijas de Galicia, o Centro Gallego ou a Agrupación Artística Gallega. Inclúe diferentes colaboracións literarias e unha sección bibliográfica.
Durante a Guerra Civil abandona os postulados galeguistas e republicanos anteriores e apoia a causa franquista, o que conleva que en 1940 cambie o seu nome polo de Cultura Hispánica.
Edita coleccionables por entregas como a obra do periodista e escritor galego Juan Beltrán Miños ou Concepción Arenal y sus obras.
0


