Galego, O
emigración
Revista societaria creada en 1988, coincidindo co oitenta aniversario da fundación do Centro Galego Xuventude de Galiza de Lisboa. Recolle diversos aspectos da vida e actividades da entidade (inclúe a reprodución da Memoria social). Así mesmo a publicación ten un contido claramente cultural, nun intento de difundir a cultura galega entre os galegos emigrados, polo que abundan os artigos sobre Galicia, a súa música, literatura, lingua, xeografía, historia etc.
0


