Almanaque Gallego
emigración
Esta publicación, de periodicidade anual, foi editada por Manuel Castro López coa intención de manter unha relación fluída entre as dúas Galicias, a europea e a nova, feita en América polos nosos emigrantes, converténdose nunha obra de referencia para ambas as dúas. Nela aprecen, xunto co calendario do ano seguinte, numerosos traballos eruditos de autores galegos, incluído do seu director, sobre Galicia. Destacan os artigos sobre o papel dos galegos en Arxentina, historia, literatura, música, arte, costumes populares, lingua, así como numerosas colaboracións literarias de escritores de Galicia e de emigrantes. Contén numerosas fotografías evocadoras de Galicia, retratos de personalidades galegas, gravados e reproducións artísticas.
0


