Irmandino, O
emigración
Publicación política de orientación nacionalista editada pola Irmandade Galeguista do Uruguai, para divulgar e defender os seus postulados políticos. Reproduce artigos dos principais líderes do Partido Galeguista e doutros persoeiros, dentro dunha clara ortodoxia nacionalista (a economía galega de Bóveda, reivindicación de figuras senlleiras como Pondal ou Pardo de Cela, defensa da escola galega, reprodución de colaboracións literarias etc.). Na columna satírica "Fuchicadas" denuncia a situación política española. Outros artigos fan referencia ás actividades desenvolvidas pola Irmandade: conferencias, visitantes, notas biográficas etc.
0


