Arazúa
emigración
Publicación cultural de orientación galeguista da que só saíron dous números. Abundan os artigos sobre Galicia e a súa literatura, historia, arte, arqueoloxía etc. Igualmente aparecen descricións das actividades realizadas a prol da mesma en Montevideo e noutros lugares como Cuba ou Galicia. Neste mesmo sentido de reivindicación da súa identidade cultural, reproducen manifestos nacionalistas e diversas colaboracións de autores galegos e uruguaios. A orientación ideolóxica da revista pode observarse na sección "Farrapos", redactada por Constantino Sánchez Mosquera, na que realiza diversos comentarios sobre o galeguismo, o caciquismo, a actualidade etc. Por último, informan das actuacións da propia asociación: campañas, correspondencia, manifestos, listado de afiliados etc.
0


