Céltiga
emigración
Revista cultural ilustrada, que conta coa colaboración de importantes personalidades galegas que abordan diferentes temas galegos, na que se observa a liña galeguista, que se acentúa coa inclusión da sección "Idearium Galeguista". As seccións "Motivos de Crónica" ou "El momento de Galicia" analizan a actualidade galega e da colectividade. A revista, nun intento por achegarlles aos lectores a realidade cultural galega, inclúe notas biográficas de artistas galegos, comentarios bibliográficos, reprodución gráfica da súa obra ou colaboracións literarias, así como a cultura contemporánea, principalmente a literatura arxentina ("Firmas sudamericanas", "Poetas argentinos" etc.). Tamén informa da actualidade galega, destacando as páxinas gráficas con noticias de Galicia ou a sección "Galicia Deportiva", noticias que se complementan con artigos en que se analizan diferentes aspectos da realidade galega (agricultura, política etc.). Contén informacións da colectividade e das asociacións ("Por nuestras sociedades"); posicionándose en situacións concretas respecto á orientación de determinadas institucións como o Centro Gallego de Bos Aires. Por último, inclúe notas da actualidade arxentina ("Teatrales", "Deportes") e páxinas dedicadas á muller e aos nenos ("Páginas infantiles", "Labores femeninas").
0


