Despertar Gallego, El
emigración
Publicación societaria que inclúe crónicas e noticias das actividades das sociedades federadas ("De las Sociedades Federadas", "Federadas") e das sociedades que a conforman; información interna da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.); información local galega e da propia colectividade (na que critica o papel das autoridades consulares); artigos de carácter político, nos que se reflexiona sobre a situación galega e española desde unha perspectiva agrarista (mesmo recollendo ou facendo chamamentos á mobilización agraria). Tamén inclúe traballos de temática variada sobre a instrución, a cooperación, o antiimperialismo, etc. A publicación, igual que a propia federación, evoluciona dende unha perspectiva socialista a ter unha orientación nacionalista, o que provoca numerosas controversias na mesma, que rematarán coa ruptura da Federación, continuando El Despertar Gallego como voceiro do sector nacionalista.
0


