música

----

Chan
música

Prensa de información xeral editada coa finalidade de informar da realidade e da actualidade galegas. Inclúe artigos sobre economía recollidos nas seccións "Páginas económicas" e "Galicia como empresa", nas que se abordan temas como a pesca, a industria, o turismo, a agricultura, a gandería etc. Tamén contén novas sobre a política galega e internacional ("Atlas en el Toral") e, por último, informacións culturais: música, arte, lingua, historia, cultura popular, literatura (novas de poesía, recensións de libros, bibliografías etc., que aparecen nas seccións "Poetas do Chan", "Biblioteca Gallega", Anaquelerías") etc. Ademais presenta páxinas dedicadas ás mulleres ("Chan de la mujer"), entrevistas con deportistas, artistas etc.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Chan en música
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1969-03-02
Carta de Seoane a Palmás. 1969
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] - Bos Aires
epístola Transcrición

Transcripción da Carta de Seoane a Palmás. 1969 en 02/03/1969


El Castro, 2 de Marzo de 1969

Sr. D. Ricardo Palmás
Buenos Aires

Meu querido Palmás:

Recibín a súa carta de fai pronto un mes, mais recibina á miña volta de Coímbra onde estiven por mor das decoraciós, figurís e caretas de Os vellos non deben de namorarse que interpretarán un fato de estudantes universitarios dirixidos por un direitor catalán, Ricardo Salvat. É unha boa esperencia.
O meu viaxe moi ben. Traballei moito. En colaboración con Díaz Pardo fixemos algunhas novas pezas pra Sargadelos e pola miña parte fixen tres bustos-xarras, Valle Inclán, Unamuno e Castelao, que teñen de sair nesta primeira quincena de marzal, con tempo pra unha eisposición en Valencia de Cerámica. Non coñezo o número de Artiempo de que me fala. Prégolle me garde un exemprar. Paseille a Díaz Pardo os encárregos de Dorita Seco e de vostede, e tamén dos catálogos. Vainos facer, tamén íl ten de ocuparse do envío, da cerámica e grabados pra Montevideo. Xa nos puxemos dacordo en principio, en canto ó envío. En canto a Chan vin o primeiro número. Non me gusta. Mais coido que, goste ou non, vostede debe aceitar a corresponsalía. En canto as aitividades galegas en Buenos Aires sería unha garantía. Ademáis pode millorar e chegar a ser a revista que todos desexamos.
O disco de música medieval galega de N. Y. lévallo Inés, que está istes días no Castro. Nós marcharemos deiquí a mediados ou fin do mes de Abril.

Con un saúdo de Maruxa, reciba unha forte aperta de:

[Seoane]