Proxecto Epístola

----

Agrario, El

Periódico agrario xurdido como resposta da sociedade de emigrantes ao peche do xornal agrarista e anticaciquil El Despertar, editado en Salceda baixo a dirección de Joaquín Fernández Sestelo. Nun primeiro momento aparece como La Voz del Centro, para adquirir posteriormente esta denominación, máis acorde coas súas finalidades. Pois, a pesar de ser o órgano de expresión da sociedade e recoller información sobre esta (actividades, noticias sociais, asembleas etc.), a maior parte da publicación reflicte a súa preocupación pola actualidade española e da comarca desde postulados agraristas. O número analizado é un extraordinario, no que abundan os artigos referidos á situación política española ("Actualidad Española, "Mirando a la España futura, "Los foros" etc.), reflexións políticas de tendencias socialistas e cooperativistas ("Los milagros de la cooperación en Dinamarca"), notas pedagóxicas ("El problema del analfabetismo en España", fragmentos de La Escuela de E. Médicis) e artigos sobre agrarismo, contando coa colaboración de Pablo Iglesias, Joaquín Costa, C. Malagarriaga, L. Araquistain etc. Outra sección da publicación está destinada a reproducir as novas locais da comarca. E, por último, aparecen colaboracións literarias de temática galega con obras de Roxelio Lois, Curros Enríquez, Victoriano Taibo, A. Rodríguez Elías etc.
Ficha completa de: Agrario, El
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
-