Homenaje a Venecia

----

TEMÁTICA: Homenaje a la Torre de Hércules
Homenaje a Venecia

[libro] En 1944 a Editorial Nova de Bos Aires publica esta obra, álbum de debuxos de Luís Seoane con prólogo de Rafael Dieste. Dous anos despois, o Institute of Graph de Nova York e a Pierpont Morgan Library inclúeno na súa lista dos dez mellores libros de debuxos publicados no mundo durante a década de 1935-1945.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Homenaje a la Torre de Hércules en Homenaje a Venecia
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1965-02-17
Carta de García Sabell a Seoane. 1965
Nova YorkSantiago de Compostela - Bos Aires
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1965 en 17/02/1965

DR. DOMINGO GARCÍA-SABELL/C/DR. TEIJEIRO, 11/TELÉFONO 1330/SANTIAGO



17-Febrero-1965
Sr. D.
Luis Seoane
BUENOS AIRES

Querido Luís:

Recibín o Homenaje a Venecia. Penso que é unha das cousas túas máis logradas. Sigues no camiño ascendente. A axeitada medida do teu formidable progreso é a distancia que media entre o Homenaje a la Torre de Hércules e iste derradeiro homenaxe. Xa sei que son obras de distintos alcances pro, con todo e con iso, o senso de progreso que hai entre elas é evidente. O teu prólogo é dos textos máis fermosos que teñas escrito i está moi por riba do poema de Whitelow.
Un distes días entregarei a Galaxia o texto do meu Limiar pro teu libro.
Saúdos moi cordiales de Elena e meus pra Maruxa. Tí recibe unha forte aperta do teu constante amigo e incondicional ademirador

D. García Sabell

[Escrito a man]
¿Cando vos teremos por eiquí?