TEMÁTICA: Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo
Ediciós do Castro
Díaz Pardo e Paz-Andrade, un diálogo epistolar de medio séculoRamón Villares
Valentín Paz-Andrade, nado en Pontevedra en 1898 pero asentado desde 1922 en Vigo, e Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela en 1920 pero asentado no Castro de Samoedo (Sada) desde 1945, son os protagonistas deste diálogo epistolar, mantido vivo durante case 50 anos. Non se recollen máis que 98 cartas, cruzadas entre xaneiro de 1945 e marzo de 1992, o que non parece un gran número en comparanza con outros epistolarios galegos. Pensemos que Francisco Fernández del Riego gardou máis de mil cartas que lle enviara Ramón Piñeiro, a pesar de que ambos moraban de modo continuado en Vigo e Santiago de Compostela, respectivamente. Neste caso, o epistolario entre Paz-Andrade e Díaz Pardo é claramente máis breve, aínda que se pode pensar que non se conservan todas as cartas cruzadas entre eles, pois son máis abondosas as escritas por Isaac e fanse alusións, como é ben frecuente nos epistolarios, a cartas escritas pero non recibidas.
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Tipo | [ O. ] |
| 1966-03-10 | Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966 |
Vigo - | epístola |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1966 en 10/03/1966Vigo, 10/3/1966 |
| 1977-04-10 | Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 |
O Castro [parr. Osedo, conc. Sada] - Vigo | epístola |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1977 en 10/04/1977Castro, 10, abril, 77 |
| 1986-06-08 | Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 |
Sargadelos - Vigo | epístola |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986Sargadelos, 8 de xuño de 1986 |


