Ediciós do Castro

----

TEMÁTICA: Preautonomía en Galicia
Ediciós do Castro

[entidade administrativa] Órgano creado polo Real Decreto-Ley 7/1978 e o Real Decreto 474/1978, aprobados o 16 de marzo de 1978, establecendo a Xunta de Galicia como goberno autonómico galego.
Temos 1 epístola/s relacionada/s con Preautonomía en Galicia en Ediciós do Castro
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
Data Título Orixe-Destino Tipo [ O. ]
1978-02-28
Carta de Seoane a Ledo. 1978
Bos Aires - Vigo
epístola Orixinal - Transcrición

Transcripción da Carta de Seoane a Ledo. 1978 en 28/02/1978


Buenos Aires, 28 de Febreiro de 1978

Sr. D. Ricardo García Suárez
Vigo

Querido Ricardo:

Estou en débeda con todolos amigos, especialmente contigo a quen teño que agradecer algunhas das xornadas mais fermosas de Galicia, por todalas tuas atencións personaes e polos traballos que me adicaches, entre eles esa xoia de monografía manuscrita que constitúie unha das obras de arte mais orixinales da Galicia de hoxe. Gostaríame moito que pintases, mais este traballo teu, o mesmo que a carpeta que se publicóu en Ediciós do Castro, son ben representativas do teu talento e arte. Non embargantes, tes que pintar. Debes facelo porque Galicia necesita das xentes que poidan dar unha nota de galeguidade no seu arte deducindo a sua diferenciación do propio esprito de cada artista seu.
Eu comezo novamente a traballar, síntome absolutamente soio, lémbrome de vós, de Del Riego, de ti, de Dieste, de Domingo, de Piñeiro e de Dónega... Penso que os meus soños nacidos aquí en Buenos Aires, de crear pequenas obras que axudasen a trocar Galicia nun centro cultural serio na penínsua, malográronse. As que se fixeron convertíronse en afiches, en carteles, ou están camiño de se trocar en eso. Mais non quero falar desto. Agora, de Galicia, non teño mais noticias, non sei si está actuando algunha Xunta de Galicia ou non. Si se puxeron de acordo na sua composición. Si o pobo está contento coa sua pre-autonomía. Eiquí non se sabe nada. Soio se sabe dos actos de violencia, e, aparte de Madrid, de Catalunia (sic) e Euzkadi. Faría falla estudar a constitución dunha axencia de información que servise ás colectividades de emigrantes e aos grandes xornaes donde residen éstes. As xentes sorpréndense moito de saber que o goberno concedeu a preautonomía a Galicia. Eu xa non teño mais azos pra proieitar nada, non embargantes penso que sería relativamente fácil creala.
Supoño que aínda en inverno gozaredes do mar aberto, das vagas e das tormentas, na vosa espléndida casa da costa. Nos temos frente as nosas fiestras o espectáculo do Río da Plata, cambeante de coores, unhas vegadas coor terra e outras violeta ou azur, e dun ceo outo e moi estrelecido. Mais, tanto Maruja como eu, sentimos nostalxia de aquel anaco de océano que vemos dende as nosas fiestras de A Coruña.
Unha gran aperta para Mimí, pra ti e os vosos fillos de Maruja e miña.