No ano 2012 con motivo da celebración do Día das Letras Galegas adicado a Valentín Paz-Andrade, o Consello da Cultura Galega e a súa familia asinaron un protocolo de colaboración polo cal o Consello da Cultura Galega dixitalizou parte do seu arquivo persoal depositado na súa casa de Pousa Nova do Mar en Samil. Entre o conxunto da documentación dixitalizada destaca nomeadamente o seu epistolario que contén case 2500 cartas das que 600 son copia enviadas por Valentín e 1500 son recibidas por este.
A lectura e consulta do fondo epistolar deste poliédrico persoeiro galego son fundamentais para coñecer e recuperar a memoria da historia política, económica e cultural da Galicia do século XX.
A correspondencia, mes a mes
Por riba do eixe, as cartas escritas por Valentín Paz-Andrade; por debaixo, as que recibiu. As zonas grises son silencios longos. Preme nun mes para ver as cartas dese ano. 2 cartas sen data non aparecen.
Calendario
Cada cadro é un mes; canto máis escuro, máis cartas.
Correspondentes 21
Persoas mencionadas 120
Preme nun nome para ver as cartas que o mencionan. O número indica cantas.













