Conversa entre os compadres Bértolo e Mingote
Juan Bautista Caamiña | 1813Contexto
Reproduce unha suposta conversa “entre dos paisanos” escoitada o domingo 31 de xaneiro de 1813 na Praza do Hospital (hoxe do Obradoiro) de Santiago. Do noso punto de vista, en relación con este diálogo entre Bértolo e Mingote está ben encamiñada a proposta de autoría a favor de Juan Bautista Caamiña que fixo Barreiro Fernández (cf. Papés I: 135-136), xa que, en efecto, os feitos que se denuncian nesta “Conversacion” publicada o 9 de febreiro de 1813 coinciden en todos os seus pormenores cos que Caamiña, director da Gazeta, deu a coñecer nos dous números inmediatamente anteriores da mesma cabeceira: o do 2 (pp. 119-120) e o do 6 (pp. 125-129) de febreiro. Segundo Barreiro, as coincidencias danse tamén coa denuncia sobre irregularidades na elección de deputados a Cortes pola provincia de Santiago en 1813 que Juan Bautista Caamiña presentou entón no xulgado de Santiago.Texto
Conversa entre os compadres Bértolo e Mingote
<138> OTRO.
Sr. Redactor: hallàndome el domingo 31 del pasado tomando el sol en la plaza del hospital, observé una conversacion entre dos paisanos, la que procuré retener en mi memoria, y se la copio por si gusta insertarla en su gazeta.
Conversacion entre los compadres Bértolo y Mingote.
Bért. Testos dias meu compadre: é vos tamen pola vila?
Ming. Como asistín á mison, vin à confeson agora prà ganar as dulgenseas. ¿É vos compadre?
Bért. Eu vinbos à alfóndexa à vender un pouco grau.
Ming. É deséme, si savédes, ¿à que repenicóu agora na igrexâ grande?
Bért. ¿Loxo vos non sabedes nada? Eu como vos hay [un] anaco que estou aquí tomando ó sol, vin que unha chea <139> [...] à preguntarlle que era o que habia dentro, que tiñan aqueles. Si[...]. E ó da quintá respon[...], que [...] enfadados porque todos eran cregos ou que [...] nomeados pra ir as Cortes à Cais.
Ming. ¡Todos, todos meu compadre!
Bért. Todos, todos, solo dous; pero fagamos de caso que son ó mesmo que eles.
Ming. ¿E eso compadre?
Bért. Porque vos teñen os mesmos pensamentos, é estanbos moito pó las cousas vellas, é...
Ming. E dixôbos, Bértolo, quen eran todos, é ó que houbo no conto?
Bért. Dixô, dixô: eu vo lo contarei todo, é nomearei os suxêtos. O primeiro que saeu foibos D. Xâquin Tenreyro.
Ming. E quen he ese compadre?
Bért. Evos un Sr. coroné, non sei de que rexêmento, pero creo que de ningun, nin menos lle dan salàreo.
Ming. Logo pouco lle importa selo.
Bért. Impórtalle andar pó la vila cun cuitelo atravesado, botando borra, é cuns càs testos prá gardar un palleiro. Este tal xâbos estuvo nas Cortes, é botàrono porque... à verdad xâ no me alembro.
Ming. ¡Ah!... agora fàgome de carjo de quen he ese Siñor. Ese estàbabos na Xûnta da Diversidad; é à Xûnta Sintral doulle os xalós é fixô conde, non sei porque falcatruadas que oin ler ó Siñor Abade nun papel que empremeu ó Sumilér. Vaya, vaya meu compadre, ó comeso non he malo: desedeme quen son os outros, que relouco por sabelo.
Bért. O segundo evos ó Siñor Penetensareo: denpois nomearon ó Siñor Arsobispo, é ó cura de Sayar é...
Ming. Calade con mil diabros compadre, que me colledes <140> en [...] é [...] parva [...] só agora, temos que volver a trager [...]sia, é ó voto pra os canonejos, é [...] xûes é... ¡probes de nos meu compadre!
Bért. Que palla, que voto, nin que demonio. Pedí à Dios, compadre, que vivan ós que estàn nas Cortes extraordinarias, que éstes que vos van agora, non poden destacar nada, nin siquera unha [sola] letra da sábea CONSTITUSON, segun llo teño oido à un Siñor muy [...].
Ming. Deixâdeme tomar un polvo, que sendo as[í] x[â] me folgo. Loxo ó repenique foibos porque saeu su Selenciá como cabesa da Igrexâ.
Bért. Tou, tou ravela: foibos de pura alegría, é porque vos esperan encher millor os bolsos, estando éstes en Cais. Pero dame à alma que an de levar un gran chasco.
Ming. Dios queira que así soseda compadre, que lle dou unha misa as almas. Desédeme ¿quen son os outros?
Bért. Solo marra un, que non son nonmais de sinco.
Ming. Pra ó bó que son, son da bondo.
Bért. Ebos un que non me alembra ó seu nome, solo si ó apellido, que he Gonzalez Montaos.
Ming. Ese si que non conoso.
Bért. Eu tampouco; solo sí me dixô ó da quintà que era un coma él, que corria con preytos, é que era axênte dos canónejos; que estuvera en Madril, é que agora estaba en Cais.
Ming. Basta, basta. ¿E que quer decer axênte compadre?
Bért. Sodes muy burro. O mesmo que precurador que corre con preytos.
Ming. ¿E sabedes canto tempo tardaron na elecson?
Bért. Por ahí unha hora é medea.
Ming. ¡Hora é media compadre! cando nos tardamos mais en nomear ó maordomo pedàneo.
Bért. Ainda hay mais, que segun me dixô ó qui[...]nisto, (é todo estaba pasmado) sairon os mais de les con de[s é] seis é des é sete votos, cando solo eran vinte é un os que nomeaban: esto si que parese milagre compadre.
<141> [...].
Ming. Boubos à contar unha cousa que me veu à mamoria agora.
Bért. Deséde compadre.
Ming. Estando carta feira sacando un pouco de esterco nunha casa acó na vila, oín ler à gaseta marsial (que non sei que quer deser), é falaba que os canónejos de Santiajo (sobre das elecsós compadre).
Bért. Xâ entendo hó.
Ming. Que eran os que traballaban, minaban, contraminaban, trataban é contrataban, é que non perdonaban fatija, afan, traballo nin desvelo por sacaren partido nestas elecsós, é octras mil cousas todas à favor dos probes.
Bért. Tamen bos quedou ben na mamoria.
Ming. Conque vede vos como ó emprantador adiviñaba ó que saeu ¿ou terà diabrillo?
Bért. Se non hay tal diabrillo. O béspora de ante béspora que se habia de facer à elecsón xâ se sabía na vila que saían esos melrros.
Ming. Vaya, vaya compadre, que non che lles voto culpa en que os oficiàs estuvesen enfadados en ver ó amaño que houbo no conto. É desédeme por remate ¿é cando van pra Cais?
Bért. Aló pro mes de outoño, que daquí aló ha de haber catro novedades.
Ming. Sí compadre: aínda ha de haber que ver, é poida que todo eso leve à trampa, porque segun oín ó outro dia ó siñor amo, houbo moitas nuledades nos cabildos das parroqueas, é nalgunhas foron contra à CONSTITUSON.
Bért. ¡Hay compadre!... É agora que macordo ó Arsobispo non pode ser nomeado; porque cando ó siñor abade leu à CONSTITUSON desia nun parràfo que non podia ser das Cortes ningun que fose empreado pó lo rey. <142> [...] son [...] do [...] ó rey [...].
Bért. Pois loxo non faltara quen fale [...] aló vay. Nos ó que debemos faser he comprar unha CONSTITUSON, é dala à mamoria coma cartilla vella, porque ó cura cando à leu deixôu moitas follas en branco, é traxîversa como quer.
Ming. Alguns cregos estàn contra ela endemoniados, pero que queiran que non queiran hana de trajár. Eu hey de mercar unha, aunque ó saque da boca, é todos debemos facer ó mesmo, é tragela no séo, é cando vayan contra ela repoñernos.
Bért. Desides ben compadre: pero xâbos son as tres, é eu estoubos en aúnas.
Ming. Eu pallas. Vamos à tomar algo.
Queda de vmd. su apasionado = R. F.


