Conversa no adro da igrexa

Juan Bautista Caamiña | 1813
Biografía

Contexto

A Rexencia ou Consello de Rexencia exercía o poder executivo durante a Guerra da Independencia e nese tempo entrou a miúdo en conflito coas Cortes, que tiñan un cariz liberal e dispoñían dun poder hipertrofiado. O 21 de maio de 1812 foi nomeada a Rexencia, que presidía o duque do Infantado. Era moi conservadora e oposta ás grandes reformas. Cando as Cortes decidiron reformar as ordes regulares e suprimir conventos, atoparon unha dura resistencia nela, polo que o 8 de marzo de 1813 constituíron unha nova que presidiu Pedro Agar, moito máis compracente cos seus intereses. Este texto, que reproduce unha suposta conversa escoitada á saída de misa, fai referencia a este acontecemento. Do punto de vista lingüístico, esta tertulia tamén coincide coa que nesta cronoloxía leva o número 15 nas altas taxas de representación explícita do seseo e de uso de variantes nominais con terminación -ón e non -ión (Constituson, inquisison...), mais, coma no texto 17, carecemos tamén para este de argumentos de máis peso que nos permitan sinalar Juan Bautista Caamiña como autor seguro del. Con todo, coidamos que é moi probable que así fose.

Texto

Conversa no adro da igrexa

<318> Sr. Redactor de la gazeta marcial: habiendo salido á fuera de la ciudad me quadró oír misa ayer domingo en una parroquia distante de aquí una legua, y al salir de ella vi en el átrio un gran corro de labradores, y acercándome á ellos observé por un largo rato una acalorada disputa que tennian, con especialidad unos quatro llamados Juan Freyría, Domingo Aguiar, Alberto Bentisca y Pedro Cabreira; y lo que de ella pude retener en mi memoria, se lo copio por si merece insertarse en su periódico, á que vivirá agradecido S.S.S.Q.B.S.M.= F.R.A.= Santiago 29 de marzo de 1813.

 

Freiría. Bos dias Aguiar: como vay hó?

 

Ag. Por aí á pasar: é vos?

 

Freir. Ben, solo esta cabesa que non quer ser boa. E desédeme ¿hay moito que fóchedes á vila?

 

Ag. Ainda estuven aló cortafeira.

 

<319> F. ¿E que oíchedes de bó?

 

A. Que as Cortes trocaron á Rexência por outra millor; é todos os da vila loqueaban de contentos, solo uns cantos de capa negra que estaban na Rua do Vilar cun color coma difuntos. Dixêronme que asta á besta que trouxêra á balixâ con tan boa notisea, chegara mais sedo do que habia doito leda coma un cuco. A meu amo ainda lle duraba ó pingo que tomara dalegría, pois despois de predicarme mais de unha hora larga, fixôme ler un monton de papeles, pero ó tempo que gastei douno por ben empreado.

 

Bent. ¡Que desedes! seique non estades en vos: ¿pois ela que tiña de malo?

 

A. Vállacha á perdamá: non sei como tanto tempo as Cortes á tuveron no canto, pois quiría mandar mais que elas, é as órdes que lle daba pra repartir as xûsticias metías no cartapaseo; é outras mil cousas fasia, que se nos desprocatamos un pouquiño mais de tempo, non sei que sería de nos...

 

F. Pois meu tio ó da vila, desíabos é contábabos moito ben dela.

 

A. Desería, desería, porque voso tio he... como Dio lo sabe, é tamen he dos siñores que queren escravisarnos, é que ó noso sudor sea para eles regalarse.

 

B. Tamen eu lle oin á meu tio ó frade que se non fora á Rexência, que desedes que botaron, xâ estaríamos perdidos.

 

C. O mesmo bos parolaba meu curman ó colexâl.

 

A. Bos páxâros... escusades de xûralo que bolo creo muy ben: ¿é sabedes porque bola alababan?

 

B. ¿É porqué?

 

A. Porque á Rexência pasada quiria ternos os ollos fechados, é que vivísemos decote coma negros escravos, é esto tíñalles conto: os frades pra pasearse, encherse, regalarse, beber bo viño, comer bo pan branco (é nos broa escarolada) é que no nos arregrasen; ¡mama frade! é como chese rerirían dos canónegos que quedaron sin ó voto. E á moitos dós siñores pra vivir coma sánganos, arreando en nosoutros coma bestas de bagaxê, ou coma si nos tuveran comprados, sendo que agora po la Constituson todos somos iguales... ¿é se non foramos nos que sería deles? Pois amigasos así nos susedería si no na botaran, por que tales demos, nin estaban po la Constituson (que tanto ben nos trouxô) nina fasian cumprir, é todos os dias había queixâs contra os rexêntes as Cortes. E sobre todo, ó criado tócalle facer é obedeser ó que lle mande seu amo, sea ben ou sea mal ¿non he así Freiría?

 

F. Non hay remedeo.

 

<320> A. Logo ben: as Cortes he á Nasion, que he ó amo, é á Rexência ó rey para exêcutar ou faser ó que aquela lle mande; é nono fasendo así fora cos diabros, é beña outra que non marra.

 

C. Aguiar tembos rason.

 

B. Non sei donde tanto aprendeu tal condenado.

 

F. Baite Minguiño Aguiar que me deixâdes pasmado: eu é cantos bos oímos non podemos menos dalabarbos é darbos á rason porque todo ó que desedes está pasando.

 

C. É desédeme Minguiño ¿que foi ó que por remate fixô esa Rexência tan mala?

 

A. Tantas cousas que non podo nomealas, pero á últema foibos que volvía por uns cregos que non quirian cumprir ó sábeo decreto ou orde sobre á abolison dese demo, que chamaban santa inquisison...

 

F. Calade, calade, que si bos oy ó siñor Abade chamarlle demo, ides xântar á cadéa.

 

A. ¡Que hé eso de cadéa! ¿seique non sabedes que non estamos no tempo dantano, que nos chantaban nela cando lles daba á gana?

 

B. Non pois... si por aí viñera... poida... que...

 

A. Que... ojalá, que lle faría ver que aquel tribunal era ó inferno compreto, sinque lle marrase nada, pois aunque hó siñor Abade hé sábeo, heo solo no moral, é algo na teologuía, que en eso no me meto; mais para conoser ó que era é fasia á inquisison, é presiso ler, ler, ler, ler forsa de papeles, é que sean dos que ten meu amo; pois ó siñor Abade solo bos lé ó sinsato, que bos he papel de cregos é frades, é nel piden pro saco.

 

F. Se bos hei de deser á verdad Minguiño, con tantas idas á vila, fixêchédebos un xûdío...

C. Tendes rason Freiría, que á inquisison he mal quitada; é non sei que ha de ser de nos faltando ela.

 

B. ¡Hay...! á religuion vay por terra...

 

A. Calade burricás, que falades de mamoria: nin vay por terra, nin vay por mar, que nunca estuvo tan protexîda coma agora.

 

F. Nome faledes de eso, que faltando á inquisison, tamen falta á religuion.

 

B. Omesmo dise meu tio.

 

A. Nonche hé espanto, por que chelle amarga mal ó que lle houbesen quitado os sermos da inquisison, é os escritos de toda á casa ó dia de San Pedro Mártere, que á fé habian de valer bos cartos.

 

F. ¿E meu tio que ganaba? é ó outro dia por eso caianlle as bagoas á rego.

 

<321> A. Eu bos direi que ganaban moitos dos siñores que craman por ela. Uns eran sacretareos, outros consultores, outros comisareos, outros algasís, outros porteiros; en fin un exêrseto, é todos con bó pré. Outros metíanse dependentes por petates, é pra non pagar ó que debian; por que si quiríades exêcutar á calquera da dentro, tíñades que hir por aquel condenado tribunal: á vos (xâ se sabe) mirábambos coma da fora; os dereitos ainda eran dobres dos da escrebanía da administrason; é cando bos desprocatábades, encontrabásbos xîringado, sin poder cobrar á deuda, é con outro tanto ou mais gastado. Outros metíanse pra estar regardados, é gosar foro, é non ter aloxâmento, é librarse de mil gabelas é...

 

C. Pero os que mandaban non eran mais de tres.

 

A. Téndes rason: un santo cristo (alabado sea), dous candeleros, é tres magaderos; que así ho dise un papel que me dou á ler hó siñor Amo, é teño de pedirllo emprestado pra lérbolo á bos, é veredes ó que fasian tales berdujos condenados...

 

F. Desenos algo dél, se vos acordás.

 

A. Xâ que estamos de leser, eu bos contarei algo do que traen os papeles do siñor amo: é cuidado que non pode ser mentira, por que un he ó detámen ou pareser que dou as Cortes un siñor doutor é abade chamado Ruis de Padron (non pensés que hé da vila de Padron, senon que hé asi ó apellido) calificador do santo ofisio, é como tal ben pode saber ó que pasaba dentro. Outros son (á pareser do siñor amo) compostos por un crego dos mais ábres da nason, que ó probe foi persegido por unha calúnea que lle levantou ó mayor bribon da vila, estando en Madrí; pero ho cabo saleu trunfando: este tamen debe saber canto dentro se fasía, ademais que lles sita á sagrada Escritura, consilos, canones, santos Padres, &c. &c., con outras mil cousas, que maldito répreca teñen. Chámase inquisison sin máscara (que quere deser sin carantoña).

 

F. Ben entendemos; pero espricanos que era ó que fasia de malo á inquisison.

 

A. Ó primeiro é prinsipal, que todos estos traballos que agora estamos pasando, túvobos á culpa ela.

 

C. ¿E eso?

 

A. Direi. A inquisison era alcagüeta do bribon de Godoy é permeteulle que tuvese duas mulleres á un tempo, é... daqui ven todo ó mal ¿que tal, esto he defender á religuion? ademais desto tamen permiteu que puxêsen ó retrato deste gran ladron á par de noso siñor na Igrexâ de San Xôan de Dios de Madri ¡é estes eran seladores da religuion!

 

<322> B. ¿E el será serto eso?

 

A. Tan verdá como bolo conto, é senon preguntade os que istiveron aló, que bos dirán moito mais... Pero vamos ó que era á inquisison: xâ sabedes que se disia: con el rey y la inquisison chiton ¿é esto porque era? porque mandase ó que mendase ó rey, fose ben ou fose mal non se dixêse nada. Ben podíades falar algun defeutiño dos inquisidores ou dalgun crego, ó instante bos botaban as uñas, hibades pra dentro, sinque bos pudese ver nin falar á dona, nin fillos, nin parentes, nin amigos; é ademais hasta á vosa carta xênerason quedaban desonrados ¿é deseme hó, que culpa teñen os fillos do que fan seus pais, é os pais do que fan os fillos? eu podo ser un xûdío, é os meus fillos santos, ou eu santo é os meus fillos xûdíos.

 

C. Neso tendes rason.

 

B. Eso non ten répreca.

 

A. Vamos á diante. Eu, fagamos de caso, tíñabos senrreira por calquera cousa, é non podendome vingar de bos, que fasia, buscaba tres testigos falsos (que non marran por un baso de viño), é desíalles: vos se bos chaman á preguntar algo de Freiría diredes que lle oíchedes brasfemar, que dixô que non habia inferno, en fin pintádeo coma un xûdio; eu iba é daba parte á inquisison, sitaba os testigos, é os inquisidores secretamente resibían á informason, é despois metíambos nun calaboso oscuro coma noite cargado de cadéas, sinque ninguen bos pudese ver senon eles pra tomarbos á decrarason; é non confesando ó que quirían, atábambos os brasos atrás, levantábanbos do chan é deixâbanbos caer de golpe hasta dose veses: despois poñiambos na tortura do potro, atándobos ántes os pés é as más; despois levábades oito garrotes; é si con todo esto non confesábades, fasiambos tragar unha chea dagua para que arremedásedes os afogados. Mais esto era pouco, que remataban á festa poñéndobos os pés encoiro untados de pingo nun sepo, é despois traían unha chea de lume pra frixîlos, ou pra poñerllo debaixô, é outras mil xûdiadas, tanto que as veses nin ainda lles permitian confesarse.

 

C. ¡Ave María!

 

F. Eu confesaría ó que me preguntasen, aun cando no fixêse.

 

C. Eu ó mesmo.

 

A. Así fasían moitos por librarse de tales penas; pero ó conto era, que si confesábades morríades, é si non confesábades ó mesmo.

 

F. Eses demos que tal fasían eran peores que xûdíos.

 

A. Vos ben bos acordarés dun refán dós vellos que dí: ó mesmo <323> ten xûdío que inquisidor.

 

B. He verdad.

 

C. ¿E que morte lle daban dentro?

 

A. Os mais deles queimados. En Madrí ó ano de 1680 pra divirtir ó rey Calrros segundo, mandou á inquisison suprema as demais que apurasen as causas é que mandasen todos os reos; é un domingo na prasa mayor foron queimados sento é vinte, entre homes é mulleres, uns en persona, outros en estátua, porque tamen perseguía os estafermos, é doutros os osos que desenterraron...

 

C. Á tal oir dexâdesme pasmado.

 

A. Non he milágre: Dios noso Siñor non quer á morte dos pecadores sinon que se convirtan é que vivan, é non querendo convertirse, foxêse de tratar con eles, despois de correxîlos unha é duas veses. Non hay outro castigo pros herexês que á excomunion é botalos da nosa España á que vayan vivir cos da sua lan. Todo esto falan os papeles que lin, é remítense ó novo Testamento ou sagrada Escritura, que así ó dí. Ainda hay mais, que he canto se pudo enventar, que os páis podian acusar os fillos é á muller, é os fillos os páis... Hasta S. Francisco de Borja é S. José Calasanz, pai é fundador das escolas pias, foron vítemas da inquisison: ¡é cantos sábeos é homes lidos por querer lustrarnos sufriron á misma sorte! Tamen discurriron os inquisidores desernos que todo aquel que se vise culpado que se delatase á sí mesmo é que seria perdonado. Tal invenson infernal meteu tal medo no ánimo dos nosos antepasados, que en menos de coarenta anos solo nas Andalusías delatáronse voluntariamente trinta mil personas, é moitas delas de delitos que non sabian nin podian faser, como son bruxêrías, pauto co demo (arrenegado sea), é outras mil mintiras que nos meteron na cabesa.

 

C. ¿As bruxâs non son as meigas Minguiño?

 

A. Todo hé un; pero nada deso hay, aunque á inquisison por un lado queríanolo faser creer, por que así lle tiña conto.

 

B. Vaya home que me deixâdes aturdido co que fasia ese demo que chamaban santo.

 

C. Sendo así, estúvobos moi ben quitada, é xâ debera ser mais ántes.

 

A. Ainda non bos dixên nada, que sebos fora á contar todo, teríamos que parolar daquí á pola mañan.

 

F. Pero home, desa maneira querian meter á xênte á pàus no seo, cando Dios non quer cristianos por forsa.

 

B. ¿E cantos anos hay que fundaron á inquisison, ou xâ ven de Dios?

 

<324> A. Non ven de Dios que ven do demo. Hay tresentos de anos que se fundou; é antes que se fundase ou establesese pasaron mil é catrosentos de anos; é entonses foy cando houbo mais santos (que aora vense ben poucos). Dios non deixôu outra, inquisison nin outros inquisidores que os Arsobispos é Obispos que estos son os que deben cuidar é soster á santa religuion: estos é non outros son os pastores que deben mirar polo rebaño (que somos nos os cristianos) é que non entre á sarna nél, que he d[i]sir que manteñamos á religuion pura sin mancha algunha.

 

C. ¿E aora quen ha de faser as veses da inquisison?

 

A. Os que as fasian ántes de que á houvese, que xâbos dixên son, ou eran, os Arsobispos é Obispos. Aora ainda quedan mais inquisisós que ántes, pois non había mas que unha nesta provinsia de Galisia, é aora hay sinco, por que son sinco os Arsobispos é Obispos. A inquisison nona quitaron, é os que ó digan menten é son uns burros; ó que quitaron foy todas as xûdiadas que bos dixên que fasia, coma os preitos á escondidas, os tormentos, as queimas, os potros, á infamia ou desonrra os seus parentes &c. &c &c.: mais ó que sea xûdío, ou que se lle oya brasfemar, dase conta dél, que xâ ho castigarán como Dios ho manda, é como corresponde; é non coma àntes.

 

B. Benditas sean as Córtes que tanto ben nos fixêron.

 

F. Dios lles dea tanto ben coma para nos deseamos.

 

C. E que sea solo á aqueles que contra à inquisison botaron. E vos Minguiño perdonà ó que àntes bos chamamos.

 

A. Eu xâ teño perdonado. Vamos á comer hó caldo; é digamos por remate todos. VIVAN AS CORTES EXTRAORDINAREAS, É Á NOVA REXENSIA.

 

Compartir

Fonte orixinal

Loc: Real Academia Galega

n: [RG 29/6]

🔗 Ligazón externa

Buscar no texto