Décima constitucional
Juan Bautista Caamiña | 1813Contexto
Trátase dunha composición poética a favor da Constitución do ano 1812, obra de propaganda política fundada nunha visión taumatúrxica dese texto legal, como se este, por si mesmo, fose capaz de corrixir todos os abusos sociais. É dunha décima constitucional supostamente improvisada por “un paysano, vecino de esta parroquia de N. al salir de la misa parroquial”. Nos seus versos advírtese un evidente gusto pola representación explícita do seseo e polo uso de variantes nominais coa terminación -ón no canto de -ión (Constituson, composeson), dous trazos que tamén se observan no diálogo que consignamos co número 15, que para nós é obra de Juan Bautista Caamiña. Por tanto, parécenos probábel que tamén fose el, o director da Gazeta Marcial, o autor desta décima, mais non dispoñemos de argumentos máis contundentes que nolo permitan asegurar.Texto
Décima constitucional
<287> Señor Editor de la gazeta marcial y política: Muy Sr. mío: un paysano, vecino de esta parroquia de N. al salir de la misa parroquial, en la que se ha leido nuestra constitucion política, prorrumpio en varias exclamaciones de júbilo y contento, medias en verso, compuesto allá á su modo, entre las que he procurado conservar en la memoria la siguiente décima, que no me ha parecido del todo descompuesta, la que remito á vmd. por si gusta insertarla en su periódico, con lo que se repite de vmd. su, &c.
Viva á gran Constituson,
què todo pon ó direyto
é non quer que axà preyto
sin una composeson;
bufe ó escribano ladron,
que ó pelexô me sacou,
ó breme ó que me acabou
<288> con trabucos, é liortas (1):
graceas dan as miñas portas (2)
á quen así ós xîringou.
(1) Tributos y pendencias. [Nota do orixinal].
(2) Las puertas de la casa de este paisano eran visitadas con frecuencia de escribanos,
executores, y mas familia, &c. [Nota do orixinal].


