----

O Consello da Cultura prepara a exposición "Nos mesmos. Asociacionismo galego na emigración" e publica na rede un álbum que recupera biografías e documentación dos emigrantes

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2007.- O Presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, e o Secretario Xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, asinaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá realizar distintas actividades para o estudo dos legados documental e asociativo da emigración galega en América. Trátase da exposición NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN, que terá carácter itinerante e dará a coñecer a historia do asociacionismo galego na emigración, e da publicación en rede do ÁLBUM DE EMIGRANTES que xá pode consultarse nas webs: http://www.consellodacultura.org/arquivos/aeg/ http://www.culturagalega.org/

http://galiciaaberta.xunta.es/conselleria/

PRIMEIRA ESCALA EN BÓS AIRES

A exposición, que iniciará o seu percorrido en Bós Aires o vindeiro mes de novembro, consta de sete bloques temáticos, desenvolvidos em 55 paneis, e permite seguir a evolución das sociedades microterritoriais e as dimensións mutualista, educativa, artística, cultural, sanitaria e política do asociacionismo galego na diáspora, segundo explicou Pilar Cagiao, comisaria do proxecto xunto com Vicente Peña Saavedra. A descripción vai da xénese do asociacionismo, a finais do século XVIII e principios do XIX, ata os momentos actuais marcados pola reorientaciòn da corrente migratoria e a aparición de novas iniciativas societarias.A mostra, que ten un presuposto de 45.000 euros, coincidirá ca conmemoración do primeiro centenario da creación do Centro Galego de Bós Aires, Montevideo, La Habana, Lisboa, Barcelona e numerosas microsociedades.O traballo realizado polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración, permitiu reunir “o mellor patrimonio de fondos migratorios, nomeadamente societario”, afirmou Ramón Villares.Ese patrimonio fixo posible tamén a publicación na rede do ÁLBUM DA EMIGRACIÓN, con biografias, entrevistas, recortes de prensa, manuscritos e correspondencia profesional e privada, que recupera a memoria dos emigrantes em primeira persoa. Os primeiros datos biográficos corresponden a Waldo Álvarez Ínsua, Gumersindo Busto Villanueva, Jesús Canabal Fuentes, Elsa Fernández e José López Rodríguez “Pote”. Seguiranlles, periódicamente, as de Fidel Vilasuso, Juana de Ibarbourou, Isidoro Araújo de Lira, Adelardo Novo Brocas, etc. A documentación foi reuníndose a partir da elaboración dos dicionarios da emigración de Cuba, Arxentina e Uruguai.

A NOVA LEI DA GALEGUIDADE E O PATRIMONIO

Pola súa parte, o Secretario Xeral de Emigración anunciou que a nova Lei da Galeguidade, proxecto que entrará este ano no Parlamento, contemplará por vez primeira “a regulación do patrimonio galego no exterior, articulando a súa protección pola administración autonómica e polos centros galegos”. “A Xunta velará pola conservación do patrimonio da colectividade galega no exterior así como polo mantemento da memoria histórica da emigración catalogando e inventariando o patrimonio -traballo que se iniciará este outono- e poñendo en valor ese legado coa declaración de patrimonio da galeguidade a aqueles centros que conten con mais de cen anos”, afirmou Manuel Luís Rodríguez, quen salientou a colaboración da Secretaría Xeral de Emigración co Consello da Cultura Galega.O Secretario Xeral lembrou que a nova lei obrigará aos centros galegos a preservar o patrimonio e a colaborar co goberno da Xunta tanto na catalogación e inventario como na súa posta en valor.