Deputado, gobernador, debuxante, historiador, articulista, poeta, escritor.Celso García de la Riega naceu o 26 de agosto de 1844 en Pontevedra, cidade na que faleceu o 3 de febreiro de 1914. Debido á morte do seu pai, non puido cursar estudos superiores e tivo que aceptar, en 1859, unha praza de escribente no Consello Provincial e no Goberno Civi...
Deputado, gobernador, debuxante, historiador, articulista, poeta, escritor.Celso García de la Riega naceu o 26 de agosto de 1844 en Pontevedra, cidade na que faleceu o 3 de febreiro de 1914. Debido á morte do seu pai, non puido cursar estudos superiores e tivo que aceptar, en 1859, unha praza de escribente no Consello Provincial e no Goberno Civil. No contexto revolucionario daquel ano, obtivo unha praza de aspirante no Goberno Civil da Corte, pasando posteriormente, tras superar unha oposición, aos ministerios de Gobernación e Fomento e, máis tarde, ao de Ultramar.
En 1873, acompañou como funcionario ao ministro republicano Santiago Soler y Plá na súa viaxe a Cuba. Pouco despois da Restauración, e tras a morte da súa esposa, solicitou e obtivo un cargo na Habana. Alí, baixo o mando dos xenerais Jovellar e Martínez Campos, desempeñou o posto de Xefe de Negociado de Política Interior e Exterior no Goberno Xeral de Cuba. Posteriormente, fue nomeado secretario do Goberno da Habana e despois interventor da Administración Económica da mesma poboación.
Regresou a España en 1879 e, coa chegada ao poder do Partido Liberal en 1881, volveu ao Ministerio de Ultramar como Xefe de Negociado, pasando posteriormente ao de Gobernación como secretario do ministro, Pío Gullón. Celso García de la Riega, xa afiliado ao Partido Liberal, foi deputado por Cambados nas primeiras Cortes da Rexencia en 1886. En relación co seu labor de deputado, presentou unha proposición de lei, en xullo de 1888, para elevar o porto de Vilagarcía de terceira orde a segunda e declarar toda a zona de interese xeral. As alegacións presentadas, en forma resumida, foron a importancia do movemento marítimo e mercantil de Vilagarcía, as sumas que alí recada o Estado en virtude dese movemento, e as necesidades comerciais e industriais, cada vez máis crecentes, do territorio servido polo citado porto, segundo as súas palabras: justamente observadas y sentidas por la administración General. Además, de darse el caso, también anómalo, de que la mitad de la hermosa bahía en que está situado el pueblo de Villagarcía sea de interés general para el Estado por hallarse emplazado en dicha mitad el pueblo de Carril, y que la otra mitad, en la que durante el año último, y estos son datos rigurosamente oficiales, han fondeado 234 vapores y 257 buques de vela, con un tráfico de más de 1600 embarcaciones de toda clase, con producto para el tesoro de más de 100.000 Pts. Se da el caso anómalo, repito, de que esa mitad de la bahía no sea de interés general para el Estado, quien, sin embargo, ha construido un muelle que le ha costado 2 millones de pesetas
.
Posteriormente, exerceu como gobernador da provincia de León desde maio de 1888 ata xullo de 1890. Durante o seu mandato, elevou ao Ministerio de Fomento a proposta de declarar Monumentos Nacionais ao mosteiro de Santa María de Gradefes, ao mosteiro de Carracedo e ao convento de San Marcos.
Tras a súa etapa como gobernador, foi xefe de sección no Ministerio da Gobernación en 1892 e contador do Tribunal de Contas en 1897. En 1900, foi nomeado delegado de Facenda en Santander, cargo que non chegou a desempeñar debido ao seu delicado estado de saúde, que o obrigou a solicitar a xubilación anticipada.
Malia non poder cursar estudos superiores, Celso García de la Riega acadou un alto nivel profesional. Foi colaborador habitual en diversos medios de comunicación, publicando artigos, poesía, relatos breves, análises históricas, en xornais e revistas como Correspondencia Gallega, Correspondencia de España, Ilustración Cantábrica, Ilustración Gallega y Asturiana, Galicia Moderna, Galicia: Revista ilustrada, Revista Gallega, Diario de Pontevedra, El Progreso, Heraldo Gallego, La Temporada de Mondariz, La Voz del Pueblo. Á parte deste labor de investigador e escritor, García de la Riega cultivou a pintura e o debuxo, demostrando unha gran sensibilidade especialmente nas súas obras a tinta e acuarela.
En 1875, foi un dos socios fundadores da Sociedad Galicia Literaria, que tiña como obxectivo contribuir a la prosperidad de Galicia, velando por sus intereses morales y materiales; y procurar el solaz y adelanto de sus individuos en el cultivo de las Bellas Letras
. A sociedade caracterizábase polo seu espírito progresista, reflectido no seu lema: Libertad, igualdad, fraternidad
. Foron socios fundadores, entre outros, figuras como Manuel Curros Enríquez, Andrés e Jesús Muráis y Rodríguez, Emilio Núñez Couto ou Teodosio Vesteiro Torres.
García de la Riega tamén foi membro da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, fundada en 1894. Colaborou con Casto Sampedro, Carmelo Castiñeira e Luis Sobrino na catalogación e organización do Arquivo Municipal de Pontevedra, realizando un destacado labor. Como artista plástico participaria na II Exposición Enrique Campo, organizada pola Sociedade Arqueolóxica, na que expuso distintas vistas da cidade de Pontevedra, sobre todo da muralla medieval.
Ao constitírse a Real Academia Galega en 1906, foi elixido socio de número, pero declinou o nomeamento debido a discrepancias co enfoque da institución e co seu presidente, Manuel Martínez Murguía.
En 1898, impartiu unha conferencia na Sociedad Geográfica de Madrid, invitado polo secretario desta Institución, Ricardo Beltrán y Rózpide. Titulada Cristóbal Colón ¿Español?, esta conferencia foi moi divulgada na prensa madrileña e causou unha gran sensación.
Unha característica do personaxe foi o respecto e o cariño que lle amosaron os habitantes de Pontevedra, tal e como recollen algúns agradecementos publicados nos xornais da época:
Adición al programa para el Ceramen Literario de Pontevedra. Premio del señor don Celso García de la Riega, Clavillo para corbata: abeja de oro con brillantes, esmeraldas, rubíes y ópalos. Al autor del mejor Reglamento de una Asociación que, sin carácter político y para ser organizada en todo Galicia, tenga por objeto exclusivo la defensa de los contribuyentes y de los ciudadanos contra las exacciones, arbitrariedades y atropellos que cometan las autoridades, funcionarios y oficinas de toda clase
. (El lucense: diario católico de la tarde, 12 de abril de 1888).
Nuestros lectores recordarán que pasa de dos años se ha ocupado nuestro periódico en una serie de artículos debidos a la excelente pluma del señor don Celso García de la Riega, de la importancia que tendría un ferrocarril de Rivadavia a Pontevedra-Marín, bajo punto de vista estratégico Militar y de los indispensables beneficios que habría de reportar a la mayor parte de la región gallega. Como toda idea buena, no ha caído en el vacío, aunque se hayan perdido dos años en lamentable indiferencia y olvido, en cuyo tiempo pudo haberse adelantado este proyecto, quizá hasta el punto de haberse empezado a realizar. Pero nunca es tarde si la dicha es buena
. (Diario de Pontevedra, xuño de 1905).
La Junta de Gobierno de la Económica en esta capital, creyendo interpretar los deseos de la Sociedad, ha visitado ayer tarde al ilustre historiador gallego; nuestro querido amigo y convecino el Sr. D. Celso García de la Riega, para felicitarle por el éxito que viene alcanzando no sólo en España sino en el extranjero sus notables trabajos de investigación referentes a la patria de Colón. El Sr. García de la Riega agradeció muy complacido de la visita de la Sociedad Económica de Amigos del País de Pontevedra
. (Diario de Pontevedra, 21 de xuño de 1906).
Por lo pronto, D. Celso García de la Riega, le propone en un artículo que publica en el Diario, un proyecto que no ofrece discusión. La constitución de una lonja para la contratación de pescado, pero dudamos que la junta de obras de Puerto la haga, en cuyo caso bien puede dimitir para que otra junta la realice. Porque es preciso decir en la prensa lo que ya dice todo el mundo, y es que en el asunto de la lonja de pescado, cuya concesión obtuvo el Ayuntamiento de Marín, mediante intermediarios que se proponen la realización de un escandaloso negocio, lesivo para los intereses públicos. ¿Tendrá la junta de obras corazón bastante para cometer esta empresa? Nosotros quedamos a la expectativa, para decir todo lo que proceda respecto de la lonja, que ya debía estar hecha, y el pueblo tiene derecho a vivir
. (La Libertad: Órgano del Partido Republicano de la provincia, 26 de abril de 1908).
Recoñecementos
Foi condecorado coa Cruz Branca de 2.ª clase do Mérito Militar e tamén recibiu a medalla dos voluntarios de Cuba. Era Cabaleiro da Orde de Bélxica, o que reflicte o seu recoñecemento no ámbito militar e civil. Tamén posuía a medalla dos voluntarios de Cuba. Foi nomeado Socio de Mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra en 1896. En 1907, o Concello de Pontevedra dedicoulle unha praza, converténdose nunha das poucas persoas ás que se lle rendeu esta homenaxe en vida.
Ver biografía no Álbum de Galicia