Folleto de catro páxinas no que as organizacións asinantes fixan os puntos dunha táboa reivindicativa dividida en dous grandes bloques: eliminación das discriminacións legais existentes e que dificultan o acceso das mulleres ao mercado laboral, e un listado de sete propostas para a igualdade de oportunidades e trato para mulleres e homes que atinxen tanto ao ámbito privado como ao público.
Explícase que as reivindicacións e cambios propostos na carta deben ser asumidos polo goberno e pola sociedade en xeral encetando así un camiño efectivo co obxectivo de erradicar as discriminacións que, en función dos sexos, prexudican ás mulleres, dificultan o seu acceso ao mercado laboral e determinan que as tarefas de coidado vinculadas coa familia e o ámbito doméstico son cousa delas.

| Titulo | Carta dos dereitos da muller traballadora |
| Publicación | [Galicia]: Asamblea de Mulleres de Coruña; Asamblea de Mulleres de Pontevedra; Asociación Galega da Muller de Santiago; Asociación Galega da Muller de Ourense; Coordinadora Femista de Vigo; Secretaría da Muller de Comisións Obreiras da Coruña, 1983 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 4 p. ; 22 x 22 cm |
| Notas | Localización do orixinal: Fondo especial MFOG, CDIF (CCG) |
| Depósito Legal | Carece |
| Colección | Sextina; Núm:5 |
| Materias | |
| Código QR |
|

![Portada de Por ser muller…[As follas de Sísifo, n.5]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_198X_Por-ser-muller-As-follas-de-Sisifo-5.jpg)