Alejandro Viana Esperón
Ponteareas (Pontevedra), 16/ 5/1877 - México D.F., 30/4/1952Autoría: Roberto Mera Covas
Industrial, político e responsábel da axuda aos refuxiados republicanos
En 1901, aos 24 anos, convértese en apoderado, e uns anos despois en socio, da empresa Gimeno y Compañía, con implantación en Galicia e Portugal, adicada á exportación de ovos a países como Reino Unido e Irlanda e a outras zonas de España. A rendibilidade desta actividade explicará en boa medida a fortuna que Viana acadará nas décadas seguintes. Mais non será a única. A finais da primeira década do século XX, Viana convértese en conserveiro e directivo da Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo e exerce como representante dos exportadores do porto da cidade.
En 1908 Alejandro Viana casa con Josefina Dotras Fábregas, de familia catalá con tradición na salgadura e na conserva, e introdúcese de forma definitiva na burguesía industrial viguesa converténdose nun personaxe relevante da vida social, económica e política da cidade. O seu carácter emprendedor plásmase en innumerábeis iniciativas empresariais que impulsa ou nas que participa: vogal da Caixa de Aforros de Vigo e accionista do Banco de Vigo, socio fundador da Sociedad Anónima Editorial Vigo, editora do xornal El Pueblo Gallego, da que será o primeiro conselleiro delegado, directivo da promotora que constrúe en 1928 o estadio de Balaídos, socio en diferentes empresas pesqueiras, fundador e presidente da Sociedad Aseguradora Mutua Automovilística de Vigo e presidente de Tranvías Eléctricos de Vigo xa na década de 1930.
O compromiso social de Alejandro Viana é tamén unha constante: socio fundador do Ateneo de Vigo, directivo da Unión de Entidades Viguesas e da Liga de Inquilinos y Vecinos de Vigo, directivo e presidente do Círculo Mercantil, directivo da Casa da Caridade, fundador das Fundacións de apoio á infancia Alejandro Viana e Viana-Corbal, xunto ao seu amigo e médico vigués Cesáreo Corbal. A súa actividade filantrópica abrangue o apoio a iniciativas deportivas, culturais, musicais ou artísticas. Viana representa o empresariado galego do primeiro terzo do século XX comprometido co país, que soña co seu progreso no material, cultural e social.
Ademais da súa actividade empresarial e social, Viana inicia a actividade política na década de 1910. Na defensa das súas conviccións democráticas e republicanas, exerce como directivo no Partido Republicano Vigués, que lidera o seu amigo ponteareán Amado Garra Castellanzuelo, e concorre a varias eleccións municipais. En 1917, no marco dunha folga que cuestionaba o réxime monárquico, Viana é encarcerado varios meses. Na década de 1920 participa na creación dun movemento político local, a Liga de Defensores de Vigo, que asumirá o goberno municipal da man do alcalde Gregorio Espino e no que Viana exercerá a responsabilidade de Tenente de Alcalde e concelleiro de Facenda entre 1923 e 1925. Tras a dimisión de Espino, Viana substituirao como Alcalde durante un breve tempo en 1926.
Proclamada a II República, Viana intégrase en Izquierda Republicana como presidente do partido na provincia de Pontevedra. Durante este período comparte presidencia en numerosos actos republicanos e galeguistas con persoeiros como Otero Pedrayo, Portela Valladares, Enrique Peinador, Afonso Daniel R. Castelao, Valentín Paz Andrade ou Osorio Tafall. Tamén actúa como anfitrión e apoio do expresidente da I República Portuguesa, Bernardino Machado, no seu exilio na Guarda. Nos comicios de febreiro de 1936 Viana acada a acta de deputado na candidatura da Fronte Popular, sendo o candidato máis votado na cidade de Vigo.
Tras a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, Alejandro Viana participa na súa entrega ao presidente das Cortes Xerais o 15 de xullo e ao presidente da República, Manuel Azaña, o día 17 do mesmo mes. Ao día seguinte o golpe de Estado sorpréndeo en Madrid. Viana, que será condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, vivirá de preto a traxedia da represión e da guerra co asasinato en Ponteareas dun dos seus sobriños, ademais de numerosas amizades por toda a xeografía galega, e coa morte doutro sobriño alistado como tenente médico no exercito republicano. Durante a guerra, Viana acompaña ao goberno e ás Cortes republicanas no seu periplo por Madrid, Valencia e Cataluña. Ademais de exercer como deputado, é designado membro do consello de administración do Banco de Crédito Industrial e desenvolve funcións directivas en Solidariedade Galega Antifeixista con persoeiros como Castelao ou Luís Soto. Viana participa en todas as sesións de Cortes, entre elas a derradeira celebrada na medianoite do 1 de febreiro de 1939, con só 62 deputados presentes, nos sotos do Castelo de Figueres baixo os bombardeos.
Nos días seguintes, xunto a medio millón de persoas, Viana atravesa os Pireneos e instálase en Francia. No marco desa vaga de refuxiados e do confinamento de varios centos de miles en praias pechadas con arame farpado e sen teito, Viana é nomeado polo goberno republicano xefe da sección de Emigración do Servicio de Evacuación de Republicanos Españoles (SERE) con sede en París, unha organización adicada a prestar axuda humanitaria, facilitando alimentación, roupa, aloxamento, subsidios e asistencia sanitaria.
Viana asume a responsabilidade de organizar expedicións marítimas colectivas para trasladar a refuxiados a América. Nese papel achega os seus coñecementos e a experiencia como exportador: sabe manexar capitais entre países, algo imprescindíbel para o SERE que, para protexer os seus recursos fronte aos acordos entre Franco e o goberno francés, vese abocado a empregar figuras de enxeñería financeira noutros países. Ademais, Viana ten unha dilatada experiencia na organización de fretes como exportador marítimo que agora poderá aplicar para o traslado dos refuxiados.
Dende o SERE Viana organiza expedicións como a do Sinaia, o Mexique e o Ipanema con destino a México ou o Winnipeg rumbo a Chile, embarque que une no porto de Bordeos a Viana e Pablo Neruda, cónsul especial de Chile para esa expedición.
A finais de 1939 Viana asume a Dirección Xeral do SERE. Comeza entón a persecución das autoridades francesas que se traduce en rexistros policiais e incautación de diñeiro e material nas oficinas do Servicio de Evacuación, rexistros que se estenden ao domicilio de Viana, quen será encausado nun proceso xudicial. Por outra banda, o ponteareán representa en París a organizacións galegas como a Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires ou as Sociedades Hispanas Confederadas que lle remiten listaxes de galegos e galegas e diñeiro para que se encargue da súa localización e embarque en buques de liña regular rumbo a América. Entre abril de 1939 e xuño de 1940 o traballo de Viana permite a saída de Francia a uns 17 000 refuxiados.
Tras a ocupación de Francia polas tropas alemanas, Viana abandona París o 12 de xuño de 1940, dous días antes da entrada dos nazis na capital francesa, e diríxese a Bordeos onde baixo os bombardeos organiza a saída dun último barco con 500 refuxiados e se ocupa do aloxamento dos principais dirixentes republicanos, entre eles Juan Negrín, presidente do goberno, que consiguen fuxir a Inglaterra.
Porén, Viana permanece en Bordeos porque, segundo explica na súa correspondencia co embaixador de México en Francia, coida que a súa obriga é continuar axudando material e moralmente aos refuxiados que aínda permanecen no país, mais con esa decisión arrisca a súa vida. Tras o armisticio, a Gestapo e a Falanxe inician as detencións de republicanos e Viana sofre unha tentativa de secuestro que evita grazas a unha confidencia. Logo de agacharse varios días nos arredores de Bordeos, atravesa Francia até La Louvesc, preto da fronteira suíza. Alí permanece agachado varios meses, en contacto coa diplomacia mexicana, até que en novembro de 1940 se traslada a Sanary Sur Mer, preto de Marsella, ante a oportunidade de embarcar cara a América. A Gestapo e os servizos franquistas frustran o embarque e deteñen a varios exiliados. Finalmente, o 15 de xaneiro de 1941, Viana, xunto a douscentos republicanos e centos de xudeus e refuxiados doutros países, embarca en Marsella no Alsina coa previsión de chegar nuns vinte días a Bos Aires. Varios días despois o barco fai escala en Dakar (Senegal) onde queda retido por carecer do permiso das autoridades inglesas para cruzar o Atlántico. A pasaxe vese obrigada a sobrevivir en duras condicións dentro do barco durante cinco meses, nos que Viana axuda aos refuxiados repartindo 100 000 francos que recibe do goberno republicano no exilio. No mes de xuño de 1941 o Alsina é obrigado a dirixirse a Casablanca onde a pasaxe é internada nun campo de concentración durante varios días. Despois de ser liberados, grazas á intervención dos diplomáticos arxentinos, Viana instálase en Casablanca e inicia xestións con organizacións xudías e autoridades mexicanas para lograr un novo embarque. Finalmente, coa intervención doutras organizacións de axuda aos refuxiados, Viana e centos de refuxiados conseguen partir no barco portugués Quanza rumbo a México, onde desembarca o 18 de novembro de 1941.
Aos seus 65 anos, Alejandro Viana refai a súa vida na capital mexicana, merca unha farmacia e mantén a súa actividade política participando nas sesións de Cortes en México D.F. onde se reencontra con amigos como Osorio Tafall ou Castelao. Durante o exilio, Viana é procesado polo réxime franquista acusado de masón. En 1947, e tras 11 anos de separación, Viana reencóntrase con Josefina Dotras con quen vivirá os últimos anos da súa vida até o seu falecemento en México o 30 de abril de 1952.
Como citar: Mera Covas, Roberto : Alejandro Viana Esperón. Publicado o 21/6/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=34704. Recuperado o 22/01/2026
DOCUMENTACIÓN SOBRE
«Alejandro Viana Esperón, compromiso social e republicano dun home feito a si mesmo», artigo de Roberto Mera Covas. Ver Documento. Artigo
Mera Covas, Roberto: «Alejandro Viana Esperón, compromiso social e republicano dun home feito a si mesmo». En Fajardo Pérez, Montse (coord.): O pasado por vir II: Un tempo posible. Pontevedra: Deputación Provincial, 2023; 63-86.
Fonte: Documento facilitado por Roberto Mera Covas,
Reportaxe sobre a presentación de Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, no Club Faro. Ver Documento
Mato, Mar: «Mera:
Fonte: https://www.farodevigo.es/sociedad/2022/06/14/mera-historia-alejandro-viana-moi-67237631.html [Descarga: 2023-06-20]A historia de Alejandro Viana é moi épica, daba para un guión de», faro de Vigo, edición dixital, (14· de xuño de 2022).
cinema
«Alejandro Viana: Referencias bibliográficas», por Roberto Mera Covas. Ver Documento
Fonte: Álbum de Galicia. Consello da Cultura Galega
Artigo de Roberto Mera Covas na revista Grial sobre a Alejandro Viana Esperón. Ver Documento. Artigo
Mera Covas, Roberto: «Alejandro Viana Esperón, un galego á fronte da evacuación dos republicanos en Francia (1939-1941)», Grial: revista galega de cultura, 212 (outubro-decembro de 2016), 139-145
Fonte: Revista Grial
Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República, tese de doutoramento de Manuel Fernández González. Ver Documento
Fernández González, Manuel: La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República. Tese de Doutoramento. USC, 2005.
Fonte: Repositorio Minerna. USC.
http://hdl.handle.net/10347/9547
Estudo sobre a constitución e a crise das organizacións republicanas de auxilio aos refuxiados españois. Ver Documento. Artigo
Termis Soto, Fernando (1992): «Constitución y crisis de las organizaciones republicanas de auxilio a los refugiados españoles 1939-1942», Espacio, Tiempo y Forma. Serie V. Historia contemporánea, UNED, 5 (1992), 413-430.
Fonte: Dialnet. Universidad de la Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=147985 [Descarga: 2023-06-19]
Notificación de apertura de expediente contra Alejandro Viana Esperón polo Tribunal de Responsabilidades Políticas da Coruña. Ver Documento
Boletín oficial de la provincia de La Coruña, 158 (19 de xullo de 1939) 1
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Alejandro Viana, como presidente de Izquierda Republicana, convoca unha asemblea provincial da agrupación política en Pontevedra. . Ver Documento. Artigo
«Izquierda Republicana: próxima asamblea provincial»El país: diario republicano de la tarde, 957 (6 de enero de 1936), 4.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3949
Escrito presentado ante a Xunta Provincincial do Censo polos candidatos socialistas e da esquerda republicana. Asinan, entre outros, Alejandro Viana, Castelao, Paz Andrade e Alonso Ríos. Ver Documento
«De la farsa electoral en esta provincia: Importante escrito, documentado, que presentaron ante la Junta provincial del Censo, al final de escrutinio, los candidatos candidatos de la Conjunción de izquierdas republicanas y que también los candidatos socialistas», La hora: semanario de izquierdas, 122 (2 de decembro de 1933), 3.
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola / Galiciana.
https://biblioteca.galiciana.gal
Candidatura de Izquierda Republicana na que figura Alejandro Viana Esperón. Ver Documento
«Votad íntegra la candidatura de Izquierda Republicana», El pueblo gallego: rotativo de la mañana, 3010 (19 de novembro de 1933), 14,
Fonte: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola/ Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=3952
Ligazóns de interese
Artigo en La Voz de Galicia sobre Alejandro Viana, o
Fonte: Edición dixital de La Voz de Galicia, (20 de outubro de 2022)Schindlergalego
«Alejandro Viana, o republicano galego que salvou a 15.000 refuxiados», artigo en historiadegalicia.gal
Fonte: https://historiadegalicia.gal/2022/10/alejandro-viana-o-republicano-galego-que-salvou-a-15-000-refuxiados/ [Consulta: 2023-06-19]
Artigo sobre Alejandro Viana en www.eldiario.com
Pato, Alfonso: «Alejandro Viana: el
Fonte: www.eldiario.es/galiciaSchindlergallego que ayudó a huir del fascismo a 17.000 españoles», www.eldiario, (15 de febreiro de 2022).
Presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos
Fonte: Areal: Revista Cultural de Sada [Consulta: 2023-06-19]
Exposición sobre Os barcos da liberdade: a evacuación dos refuxiados españois a México (1936-1942). CSIC, Residencia de Estudantes, 2020
Fonte: http://www.residencia.csic.es/expobarcoslibertad/index.htm [Consulta: 2023-06-19]
Páxina web dedicada a Alejandro Viana Esperón
Fonte: https://alejandroviana.gal/ [Consulta: 2023-06-16]
Biografía de Alejandro Viana Esperón na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Alejandro_Viana_Esper%C3%B3n [Consulta: 2023-06-16]
Ficha de Alejandro Viana Esperón en PARES. Portal de Archivos Españoles
Fonte: http://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/detalle.form?nid=13591
Correspondencia de Luis I. Rodríguez, que inclúe cartas con Alejandro Viana
Segovia, Rafael e Serrano, Fernando: Misión de Luís I. Rodríguez en Francia. La protección de los refugiados españoles de julio a diciembre de 1940
Fonte: Biblioteca Daniel Cosío Villegas.
https://hdl.handle.net/20.500.11986/COLMEX/10003820 [Descarga: 2023-06-19]
Acceso á tese de doutoramento de Aurelio Velázquez Hernández, La otra cara del exilio
Velázquez Hernández, Aurelio: La otra cara del exilio. Los organismos de ayuda a los republicanos españoles en México (1939-1949). Tese doctoral. Universidad de Salamanca, 2012.
Fonte: Universidad de Salamanca
Videos
Reportaxe sobre a vida de Alejandro Viana, narrada por Roberto Mera
Fonte: TVG.
https://www.youtube.com/watch?v=o9rsDoKP0bM&ab_channel=EmilioRodriguezotero [Consulta: 2023-06-16]
Presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, de Roberto Mera Covas, no Club Faro o 13 de xuño de 2022
Fonte: Club Faro de Vigo
https://youtu.be/kPeRQuiurjE
Entrevista a Mercedes Orgaz (2): Testimonio desde la retaguardia. Las memorias de una funcionaria del Gobierno de la República durante la Guerra Civil y el exilio. Fundació Privada Ciència en Societat, 2007
Fonte: Fundació Privada Ciència en Societat [Consulta: 2023-06-19]
https://youtu.be/-8oGZPDo6OY
Entrevista a Mercedes Orgaz (1): Testimonio desde la retaguardia. Las memorias de una funcionaria del Gobierno de la República durante la Guerra Civil y el exilio. Fundació Privada Ciència en Societat, 2007
Fonte: Fundació Privada Ciència en Societat
https://www.youtube.com/watch?v=crrEBruScOY&ab_channel=CristinaJunyent [Consulta: 2023-06-19]
Entrevista a Mercedes Orgaz (3): Testimonio desde la retaguardia. Las memorias de una funcionaria del Gobierno de la República durante la Guerra Civil y el exilio. Fundació Privada Ciència en Societat, 2007
Fonte: Fundació Privada Ciència en Societat.
https://www.youtube.com/watch?v=m7vfeJKJ1Jk&ab_channel=CristinaJunyent
Entrevista a Mercedes Orgaz (4): Testimonio desde la retaguardia. Las memorias de una funcionaria del Gobierno de la República durante la Guerra Civil y el exilio. Fundació Privada Ciència en Societat, 2007
Fonte: Fundació Privada Ciència en Societat
https://youtu.be/xKjz_ffkGt0
Libros do ccg sobre Alejandro Viana Esperón
Os exilios ibéricos: unha ollada comparada.
2017 | Xosé M. Núñez Seixas, Autoría. Xosé M. Núñez Seixas, Edición. Ramón Villares, Edición. Alejandro Viana Esperón, Obxecto de estudo.
Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza


















