[Data de publicación: novembro 2017]
Reúnense neste volume os textos presentados e obxecto de debate no marco do simposio Os Exilios Ibéricos en Clave Comparada, que co gallo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galiza foi realizado en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2014, coorganizado polo Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación da USC Historia Política e dos Nacionalismos (HISPONA). O conxunto de experiencias aquí reflectidas, de estudos de casos e mais de reflexións conceptuais que se presentan ao público lector constitúen, ao noso entender,un achegamento orixinal, calidoscópico e cheo de suxestións teóricas e metodolóxicas que sen dúbida han arrequecer o debate internacional, fieis á fórmula de enxergar a historia de Galiza como unha célula de universalidade, e a historia do exilio galego como un laboratorio acaído para o tratamento de cuestións máis amplas, que se remiten ás novas olladas historiográficas sobre os exilios e as migracións.
Titulo | exilios ibéricos: unha ollada comparada, Os Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza |
Edición |
Ramón Villares Xosé M. Núñez Seixas |
Autoría |
Xosé M. Núñez Seixas Andrea Acle-Kreysing Óscar Álvarez Gila Federica Bertagna Fernando J. Devoto Ángel Duarte Montserrat Emilio Grandío Heloisa Paulo Alberto Pena Víctor Pereira Víctor Santidrián Ramón Villares Pablo Yankelevich |
Autoría |
Xosé M. Núñez Seixas Andrea Acle-Kreysing Óscar Álvarez Gila Federica Bertagna Fernando J. Devoto Ángel Duarte Montserrat Emilio Grandío Heloisa Paulo Alberto Pena Víctor Pereira Víctor Santidrián Ramón Villares Pablo Yankelevich |
Presentación |
Xosé M. Núñez Seixas Ramón Villares |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2017 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 437 p.; 24 cm |
Notas | Imaxe da cuberta: bandeira do Consello de Galiza que se conserva na Real Academia Galega |
ISBN | 978-84-92923-88-5 |
Depósito Legal | C 1735-2017 |
Colección | Actas |
Materias | |
Código QR |