Concha Castroviejo
Santiago de Compostela, 6/ 12/1910 - Madrid, 10/12/1995Autoría: Nanina Santos
Crítica e escritora de moi singular dicir, acusada independencia e forte personalidade
A súa infancia e xuventude discorren entre Compostela, Paizás (Vedra), períodos estivais na Retirosa (Cangas) e no internado do colexio de freiras de Praceres (Marín).
A pesar da oposición do pai, que lle procurara unha esmerada educación, teima en realizar estudos regrados de bacharelato para acceder á universidade, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír.
Aproveita unha viaxe do industrial Gaspar Massó nos comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Posteriormente, el combate na fronte do Ebro e ela reside en Barcelona até o terrible éxodo no frío febreiro de 1939 de Figueres-Port Bou á fronteira francesa, onde son recibidos co “Allez…! Allez…!” dos soldados coloniais senegaleses.
Consegue chegar a Bordeos aproveitando contactos feitos anteriormente e o seu estupendo manexo do idioma e alí vive até que marcha para México, vía Nova York, no vapor Normandía.
Os difíciles dez anos que pasa no exilio mexicano traballa en Campeche, en Tijuana e, sobre todo, en México D.F.
En decembro de 1949 chega ao porto da Coruña coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Santiago de Compostela dirixido por Goñi. Asina como Concha Castroviejo e Asela, ao mesmo tempo que fai os cursos para a obtención do carné de xornalista que convoca en Madrid a Escola Oficial de Periodismo dependente a Delegación Nacional de Prensa, dirixida polo líder das JONS, Juan Aparicio.
En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones. É columnista, dirixe o suplemento infantil e, entre 1962-1966, exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana.
É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Membro da Asociación Internacional de Críticos Literarios. Escribe en: Ínsula, La Estafeta Literaria, Cuadernos de Occidente, Cuadernos Hispanoamericanos, Blanco y Negro, Grial e noutras publicacións sometidas a unha implacable censura previa até a Ley Fraga de 1966, que animaba a censura de editores e a autocensura.
Na crítica deixa un traballo inmenso; aborda obras literarias, eruditas, históricas, ensaios...
Na creación literaria, explora rexistros diferentes:
A interesante, boa e valente novela Los que se fueron narra a peripecia do éxodo republicano e exilio en México. Valente polo que di e porque está escrita “no interior” por unha exiliada recentemente retornada que co título Las Raíces y el tiempo a presenta ao Premio Nadal no ano 1952. En carta á súa irmá Pilar e a Eugenio Santos, do 10 de xaneiro de 1953, conta como se foi colocando a novela segundo as votacións até o resultado final - de estar entre as dez mellores, logo entre as catro primeiras a obter só dous votos na votación final -, a pesar de que non agardaba éxito ningún, sendo o tipo de obra que era. Achega ademais valiosas consideracións a respecto da novela e a teoría literaria. En 1956, co título actual e algunhas correccións, preséntaa ao Premio Planeta, editorial que a publica en 1957.
Víspera del odio, novela dura, forte, conta o odio de Teresa Nava, afogada na invivible vida dun matrimonio non querido e as paredes da casa como límite da liberdade.
El jardín de las siete puertas, publicado na colección La Ballena Alegre, reúne unha presa de contos e lendas e unha obra de teatro (Premio Doncel, 1961), que a revelan como unha boa escritora de literatura infantil.
Los días de Lina é un relato do retorno a ese paraíso perdido que é a infancia, da beleza e do discorrer plácido dos días sen responsabilidades.
Unha obra inédita dos seus últimos anos, En las praderas del Gran Manitú, achega memorias dunha infancia en Compostela e reflexións sobre os animais e o ser humano. Un fermoso soliloquio!
Dez anos de enfermidade vascular e dexenerativa arrédana da vida pública activa. En decembro de 1995 morre na súa casa de Ribera del Manzanares, rodeada da filla, irmáns e sobriñas.
É ben considerar a Concha Castroviejo na súa posición fronteiriza: rompe “as regras” que se supón que debe cumprir “unha señorita” compostelá do seu tempo. Violenta as conviccións políticas e relixiosas da súa familia. Decide sobre a súa vida con resolución e valentía. Sae adiante no exilio traballando no que pode, retorna cunha filla pequena e consegue abrirse paso en terreos onde as mulleres son excepción: o xornalismo, a crítica e a literatura. Ocúpase de Galicia e do galego aínda que non escribe en galego. Presta atención aos traballos de plumas femininas e divúlgaos no seu labor de crítica cando isto apenas era tido en conta.
Unha muller de coraxe que sempre evidenciou un espírito moi libre e que deixa unha obra de mérito na crítica e na creación literaria.
OBRA
Debido a súa extensión, ofrecemos a obra de Concha Castroviejo en dúas entradas no apartado "Extras de Concha"
Como citar: Santos, Nanina : Concha Castroviejo. Publicado o 1/1/2010 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=797. Recuperado o 19/03/2024
DOCUMENTACIÓN DE
«Dos arquivos do trasno»
CASTROVIEJO, Concha: «Dos arquivos do trasno», Grial, Vigo, nº 78 (outubro, novembro, decembro 1982), p. 501-502
«O espello na serán»
CASTROVIEJO, Concha: «O espello na serán», Grial, Vigo, nº 52 (abril, maio, xuño 1976), p.264-265
«Cousas»
CASTROVIEJO, Concha: «Cousas», Grial, Vigo, nº 47 (xaneiro, febreiro, marzo 1975), p.140
«Los Pazos de Ulloa»
CASTROVIEJO, Concha: «Los Pazos de Ulloa», Revista de occidente, Madrid, nº 53 (1967), p. 243-245
«Años de Colegio»
CASTROVIEJO, Concha: «Años de Colegio», La Estafeta Literaria, n. 320-321 (xuño-xullo 1965), p. 63
«Mujeres sin importancia»
CASTROVIEJO, Concha: «Mujeres sin importancia», Galicia Emigrante, Buenos Aires, nº 6 (novembro 1954), p. 15-16
«El inaudito teatro de Borobó»,
CASTROVIEJO, Concha: «El inaudito teatro de Borobó», Presencia de Curros y Dª Emilia, Vigo, Galaxia, 1951, p. 82-86, (Colección Grial, 3)
Obra de Concha Castroviejo
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Artigo de M.J Fariña sobre dúas obras de Concha Castroviejo
FARIÑA BUSTO, María Jesús (2023): «De una novela de protagonismo colectivo a una novela de personaje: Los que se fueron y Víspera del odio, de Concha Castroviejo». En Cuadernos para la investigación de la Literatura Hispánica, n.49: escribir. Resistir. Existir. La mujer y la palabra en el exilio, p.291-324.
Fonte: revistas.fuesp.com [data de descarga: 09/01/2024]
«Memoria de Concha Castroviejo»
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco: «Memoria de Concha Castroviejo», La Voz de Galicia (15-3-1996), p. 8
Obsérvese o latiguillo frecuente que asoma ao falar dunha obra (literaria, musical…) de autoria feminina
«Concha Castroviejo», por Luís Seoane
SEOANE, Luís (1990): Figuracións. En BRAXE, Lino; SEOANE, Xavier (ed.): Luís Seoane. Figuraciós, O Castro Sada, Deputación de A Coruña,
Fonte: exemplar da Biblioteca do CCG
Castroviejo, Concha: Víspera del odio
MARRA-LOPEZ, José Ramón: «Castroviejo, Concha: Víspera del odio. Barcelona, Ed. Garbo, 1959.» Ínsula 1960 163,10
Anacos
BOROBÓ: «Anacos», Atlántico diario (5, 6, 7, 8, 9 agosto 1991)
Artigos sobre á saga dos Alvaros, a familia Castroviejo e Blanco Cicerón e os interrogatorio nos calabozos da Porta do Sol de Montero Díaz. Ahí están J. Seijo e Concha Castroviejo
Ligazóns de interese
Concha Castroviejo en Andaina de mulleres
[última consulta: 11/08/2021]
Manuel García Viñó teoriza sobre la novela española na entrevista realizada por Julia Sáez-Angulo
[última consulta: 11/08/2021]
PÉREZ BAREA, Pilar: “Literatura juvenil en España contemporanea”, Minotauro digital, 2002. Breve percorrido pola historia editorial da literatura xuvenil desde a I Exposición del Libro Infantil de 1953
[última consulta: 11/08/2021]
VIDAL, Concepción: “Xuizo crítico de “El tiempo en el Espejo” de Joaquín Caro Romero. Premio Adonais 1965”, ABC (05-05-1966). Concha Castroviejo, entre outros, fixo parte do tribunal
[última consulta: 11/08/2021]
BRAVO VILLASANTE, Carmen: “La Mujer como Autora literaria”, La mujer en España, Biblioteca Gonzalo de Berceo Catálogo general en linea
[última consulta: 11/08/2021]
VEGA GARCÍA, Rosario: “Literatura infantil y juvenil en la España de los años sesenta: La Ballena Alegre”, Espéculo. Revista de estudios literarios, Universidad Complutense de Madrid (2009)
[última consulta: 11/08/2021]
Breve perfil biográfico e anacos da traducción ao inglés da obra El Jardín de las siete puertas de Concha Castroviejo
[última consulta: 11/08/2021]
BOROBÓ: “Subida ó madroño de Rosalía”, O Correo Galego(26-9-2000). Recolle referencias dos estudios de Concha Castroviejo sobre Rosalía de Castro
[última consulta: 11/08/2021]
Obituario. El País (14-12-1995)
[última consulta: 11/08/2021]
PANERO, Leopoldo: “La vida interrupida”, Blanco y Negro (22-2-1959). Recensión do libro de Concha Castroviejo: Los que se fueron
[última consulta: 11/08/2021]
O día 9 de decembro de 1958, La Vanguardia española, dedica unha páxina completa ao premio Elisenda de Montcada outorgado a Concha Castroviejo
[última consulta; 11/08/2021]
Acceso en liña a Mulleres de Compostela, unidade didáctica para ESO e Bacharelato editada por El Patito Editorial.
Fonte: El Patito Editorial.
https://www.elpatitoeditorial.com/
Videos
Video Concha Castroviejo
Concha Castroviejo. Arelas de liberdade
Charla coloquio: la voz y el testimonio de Concha Castroviejo
Incómodas: Raquel Conde nos habla de Concha Castroviejo...
Referencias bibliográficas
- BOROBÓ [R. García Domínguez)]: “As películas de Antón Beiras e ss”, O novelo dos anacos e outros exemplos, Santiago de Compostela, Universidade, 2002, p. 84-105
- BRAVO VILLASANTE, C.: Historia de la literatura infantil española Madrid, Escuela Española, 1979, p. 237-238
- MARCO, A.: “Castroviejo, Concha”, Diccionario de mulleres galegas. Vigo, A Nosa Terra, 2005
- MARCO, J. e GRACIA, J.: La llegada de los bárbaros. La recepción de la literatura hispanoamericana en España, 1960-1980 Barcelona, Edhasa, 2004, p. 1183.
- MIEZA, C. “Concha Castroviejo” entrevista de 1972 en La mujer del español, Barcelona, Marte, 1977, p. 123-137.
Publicacións periódicas
Mundo Gallego [1952-53] (1952-1953) .
1ª Época: Revista de Galicia en Madrid
2ª-3ª Época: Órgano Oficial del Centro Gallego de Madrid
4ª Época: Revista del Centro Gallego de Madrid