Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50

Pedro Murias Rodríguez (Mencionado/a)
Pedro Murias Rodríguez fixo fortuna como empresario tabaqueiro en Cuba, onde morreu en 1906. Deixou no seu testamento, entre outros legados, máis de 10 000 pesos ouro para a construción dunha escola agrícola que formase os mozos da súa comarca natal en todos os avances agropecuarios existentes no momento. Tras numerosas vicisitudes, o centro agrícola foi inaugurado en 1922 e converteuse nun centro pioneiro e impulsor do melloramento agrario e gandeiro de toda a Mariña luguesa. A filantropía deste indiano continúa presente na memoria colectiva co funcionamento na actualidade deste centro senlleiro.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
destino: Vilaframil (parroquia), Ribadeo (concello), Lugo (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. da Fundación Escola Agrícola Pedro Murias