Retrato do filántropo ceense Fernando Blanco de Lema, 1892 | Imaxe. Retrato. Debuxo | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Retrato. Debuxo

Retrato do filántropo ceense Fernando Blanco de Lema, 1892

Fernando Blanco de Lema (Mencionado/a)
00/00/1892
Este indiano emigrou moi novo á illa de Cuba, onde conseguiu triunfar nos negocios. Tras a súa morte na Habana en 1875, lega case toda a súa fortuna á súa vila natal para construír un colexio de primeira e segunda ensinanza, gratuíto para todos os nenos e nenas da comarca. Este centro de ensino, inaugurado en 1886, foi un dos máis modernos da época e estaba dotado de todo tipo de material educativo, laboratorios de física e química, obradoiros, unha biblioteca con máis de 2000 volumes traídos de Cuba e Europa, un gran xardín con especies da flora americana etc. e contribuíu ata hoxe á educación e á modernización da súa contorna.
En 1882, construíuse outro edificio no soar da súa casa natal, que foi escola para as nenas e nenos máis pequenos da vila. Actualmente nel atópase a sede da fundación e un museo co material educativo que se conserva dos seus fondos.
Tipo de material
Imaxe. Retrato. Debuxo
Data
00/00/1892
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: Cee (concello), A Coruña (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. da Fundación Fernando Blanco de Lema