Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925 / Imaxe. Fotografía de escultura/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Historias de ida e volta

Material

Historias de ida e volta
As iniciativas educativas da emigración galega

Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925

Image 1
Detalle
Juan María e Jesús García Naveira emigraron a Arxentina e alí lograron unha gran fortuna. Ambos os irmáns foron socios nos negocios e tamén na actividade benéfica e filantrópica que levaron a cabo na súa terra natal. Crearon un padroado benéfico-docente para construír un asilo e un edificio escolar, ademais de varias obras públicas. As Escolas García Hermanos foron inauguradas en 1914, dous anos despois da morte de Jesús na Arxentina. Este, no seu testamento, deixou un legado para construír outro centro educativo que levaría o seu nome e que foi inaugurado en 1918. Juan María residiu coa súa familia en Betanzos ata a súa morte en 1933, rodeado do recoñecemento e gratitude dos seus paisanos.
Metadatos