Edificio escolar La Devesana, no concello de Ortigueira, 2011 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Edificio escolar La Devesana, no concello de Ortigueira, 2011

00/00/2011
Este concello é un dos municipios galegos con maior número de "escolas de americanos". A pegada da súa emigración é patente en moitas das súas aldeas e parroquias. Este edificio foi inaugurado en 1912 pola Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana, fundada na Habana en 1907 coa finalidade principal da creación e mantemento dun centro de ensinanza na súa parroquia natal. A escola contaba con dúas aulas con capacidade para 90 alumnos de ambos os dous sexos e a ensinanza impartida era gratuíta e laica.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/2011
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: O Igrexario (lugar), San Sebastián de Devesos (parroquia), Ortigueira (concello), A Coruña (provinci
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega