Inauguración do curso escolar na Escola da Tenencia, en Redes, 1915 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Inauguración do curso escolar na Escola da Tenencia, en Redes, 1915

00/00/1915
Este centro de ensino primario foi fundado pola Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana en 1915. Seguindo a pegada dos seus paisanos aresáns, os emigrantes de San Vicente de Caamouco fundan unha nova sociedade en 1911 para edificar unha escola na súa parroquia. Paralelamente crean unha delegación da mesma en Ares para que xestione a construción do edificio escolar e o seu mantemento. O edificio funcionou como escola gratuíta e laica para as nenas e nenos das aldeas próximas.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1915
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: Redes (lugar), San Vicente de Caamouco (parroquia), Ares (concello), A Coruña (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. particular de Ernesto López Naveiras