Alumnas e alumnos do colexio da Liga Santaballesa en Vilalba, 1922 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Alumnas e alumnos do colexio da Liga Santaballesa en Vilalba, 1922

00/00/1922
O alumnado posa co material escolar que lle facilitaba gratuitamente a sociedade promotora. A Liga Santaballesa de Educación e Instrucción foi fundada na Habana en 1907 coa finalidade de construír un centro educativo para as parroquias pertencentes a todo o distrito. En 1914, grazas ao traballo da delegación de Santaballa, comezaron as obras e dous anos máis tarde foi inaugurado como centro de ensino primario, con dúas aulas mixtas, biblioteca, salón de actos e vivenda do mestre/a. Actualmente é un museo escolar e funciona como centro sociocultural e sede da delegación.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1922
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Localizacións
orixe: Feiranova (lugar), San Pedro de Santaballa (parroquia), Vilalba (concello), Lugo (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega. Col. da Asociación de Veciños Liga Santaballesa