Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, 1927 | Imaxe. Fotografía | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Fotografía

Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, 1927

00/00/1927
A Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor fundouse en Bos Aires en 1905 coa finalidade de crear unha escola práctica de artes e oficios, con sección de agricultura e clases de ensino primario. En 1914 inaugurou este edificio escolar, no que se aplicaron os métodos pedagóxicos máis modernos: contaba con numerosas aulas, unha gran biblioteca con libros traídos de América, un comedor gratuíto para o alumnado, laboratorios, un pequeno teatro onde actuaba a súa banda de música, unha imprenta na que os alumnos aprendían un oficio, unha ampla horta de experimentación etc.; incluso tiñan transporte escolar gratuíto, tal como vemos na imaxe. A sociedade financiou tamén todo o mobiliario, material pedagóxico, pagaba o salario do profesorado etc.
Tipo de material
Imaxe. Fotografía
Data
00/00/1927
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Emisión: Unión Hispano-Americana Valle Miñor
Localizacións
orixe: Vilariño (lugar), A Ramallosa (parroquia), Nigrán (concello), Pontevedra (provincia)
Etiquetas
Localización física
Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega
Notas
Fondo: Consello da Cultura Galega. Arquivo da Emigración Galega